Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-Novas
Imprimir Enviar a un amigo/a

Novas

A Maiv presenta dous expedientes de axudas ante a Consellería de Traballo
- 18/11/2010 -
Un servizo de Orientación Laboral e unha Oficina de Fomento do Cooperativismo son os proxectos solicitados e que a Maiv quere por en marcha nos vindeiros meses.
Durante o mes de febreiro a Maiv deseñou dous novos proxectos para implantar no seu ámbito territorial, de maneira que complementen os servizos que esta entidade ofrece ós concellos que a conforman. En ámbolos dous casos, os proxectos teñen como obxectivo o fomento do emprego a través da orientación laboral e a xeración de autoemprego a través do cooperativismo.
 
Por unha parte, deseñouse un proxecto para prestar servizos de Orientación Laboral ós desempregados da Maiv, de tal maneira que unha persoa prestaría este asesoramiento indiviualizado, complementando ó Servicio de Asesoramiento a Emprendedores da Maiv e contando para elo con todas as ferramentas e publicacións que desde a Maiv se foron xerando a través das súas múltiples experiencias na materia.

O outro servizo novedoso dentro do ámbito da Maiv, será a creación dunha Oficina de Fomento do Cooperativismo desde a cal se promocionará a creación deste tipo de empresas dentro do territorio. Esta oficina estará dotada dos medios necesarios, tanto técnicos como humanos para poder atender a aquelas persoas interesadas no cooperativismo como forma idónea para a posta en marcha do seu proxecto empresarial. Asimesmo desde esta oficina ponranse en marcha diversas actividades de fomento do cooperativismo, como a organización de xornadas e eventos nos concellos da Maiv, para dar a coñecer tanto a existencia desta como para fomentar a creación destas empresas.


    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org