Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
Vostede atópase en-
Inicio-O territorio-Concellos-Redondela
Imprimir Enviar a un amigo/a

Redondela


Escudo Situación

Este concello sitúase no norte da Mancomunidade de Vigo, limitando coas áreas máis abruptas desta polo leste e coa Ría de Vigo polo oeste, da que forma o final na enseada de San Simón.
 
Redondela presenta características urbanas no seu poboamento, como corresponde a un concello próximo a Vigo que incrementou considerablemente os seus efectivos demográficos entre a década dos anos 1960 e 1980. Ademais, o mapa de asentamentos de poboación mostra unha clara preferencia para a localización humana nas zonas costeiras e de topografía baixa.
 
O hábitat resulta moi concentrado aí e con tendencia á urbanización constante, pois é un foco de atracción de persoas que fixan a súa residencia en zonas da periferia urbana de Vigo, buscando mellores condicións para o investimento en vivenda.
 
As infraestruturas viarias do concello convérteno no máis próximo a Vigo e aos seus servizos, incluso existe transporte urbano de Vigo que se achega á parroquia máis poboada de Redondela, Chapela, como consecuencia da súa proximidade a Vigo.
 
O concello conta con espazos naturais de grande interese ecolóxico e dignos de conservar como son o contorno do areal de Cesantes e a illa de San Simón.
 
Ademais, esta vila é famosa polas celebracións festivas como o Corpus, onde se une a tradición relixiosa e a pagana; as rúas engalánanse con alfombras florais para o paso da Procesión mentres a tradición pagana perdura no desfile da "Coca", dragón mítico que sae ás rúas acompañado de xigantes e cabezudos. Os actos teñen como colofón a mostra de danzas antigas como a das sete espadas.

 
 
Concello

Enderezo: Alfonso XII, 2 – 36800
T. 986400300
F. 986403894
Alcalde: Digna Rivas
Partido: PSdeG-PSOE

Datos Xeográficos

Superficie: 52,1 Km2
Altura máxima: 445 m
Ríos: Maceiras
Parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, O Viso, Quintela, Reboreda, Redondela, Saxamonde, Trasmañó, Ventoseira, Vilar.

Lugares de interese
Illa de San Simón
Monte Penide
Viadutos a Madrid e Pontevedra
Pazo de Pousadouro
Muíños de Reboreda
Mámoa do Rei
 
Mais información en:
www.redondela.es
Festas
Festa da Coca
Festa dos Maios
Festival internacional de Títeres
Festa do choco
Galería: do Concello de Redondela

    Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía Hispanidade n. 17 36203 Vigo. España
    Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org