A Xunta inviste 51 millóns de euros en polÃticas activas de emprego
O Goberno galego reiterou o compromiso coas polÃticas activas de emprego co investimento de 51 millóns de euros que se destinará á formación de 23.000 persoas en risco de desemprego e cun total de 1.500 accións formativas que se desenvolverán entre febreiro e novembro de 2010.
Un dos obxectivos desta Administración pública é a creación de emprego. Facilitar unha maior cualificación aos traballadores co obxecto de que poidan ter maiores expectativas de atopar un traballo e volver á estabilidade laboral.
Potenciar o sector lácteo
O Consello da Xunta aprobou a sinatura dun convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Consellería do Medio Rural para a potenciación do sector lácteo en Galicia. O Igape vai subsidiar tipos de interese para capital circulante, é dicir, toda a necesidade que teñan as cooperativas e as sociedades agrarias de transformación serán subsidiados pola Xunta de Galicia e só terán que aboar un máximo do 2% para conseguir estes créditos que doten de liquidez ao sector.
Investimentos en materia de I+D+i
O Consello autorizou a sinatura de catro acordos en materia de I+D+i con distintas Fundacións: o Centro Galego do Plástico, o Centro Tecnolóxico do Naval, o Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética e "o máis ambicioso" coas tres universidades galegas. Este último se trata dun acordo para a detección das necesidades tecnolóxicas dos sectores estratéxicos en Galicia.
Aforro enerxético
Tamén se autorizaron outros acordos, por unha banda, coas Fundacións da Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo, a Axencia Enerxética Provincial da Coruña e a Sotavento Galicia, encamiñados a afondar no aforro enerxético con cursos de condución eficiente de vehículos dirixidos a profesores de autoescola. Por outra banda, autorizouse un proxecto piloto coa Federación Galega de Parques Empresariais para levar a cabo un aforro enerxético nas empresas para diminuír os custes de produción, así como un plan de mobilidade dos traballadores en catro polígonos industriais (Pocomaco, As Gándaras, San Cibrao das Viñas, Sete Fontes).
Licitación do novo Hospital de Vigo
En referencia a licitación informouse, por unha banda, da axilización das expropiacións, estando en información pública o expediente expropiatorio, e por outra, a remisión ao Diario Oficial da Unión Europea con carácter inmediato de proxecto e obra do Complexo Hospitalario de Vigo.