Nº 19 - agosto 2010

PDF > Boletín Nº 19 - agosto 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
CREADO O OBSERVATORIO DO EMPREGO PÚBLICO.

O Consello de Ministros aprobou un Real Decreto que ten por obxecto a creación, composición e réxime de funcionamento do Observatorio do Emprego Público.

Este órgano é unha ferramenta da Planificación Estratéxica de Recursos Humanos, que recollerá, analizará e difundirá información sobre a situación actual do emprego nas Administracións Públicas, e deseñará modelos prospectivos que sitúen ao emprego público en condicións de encarar axeitadamente as necesidades futuras.
 
Entre as súas funcións destacan as de realización de diagnósticos en materia de recursos humanos ou o seguimento da calidade dos servizos e do emprego público. Encargarase de analizar e formular propostas e recomendacións sobre o emprego público do conxunto das Administracións Públicas e será un foro de intercambio e de comunicación de información ao respecto entre estas.
 
Con iso, o Observatorio permitirá realizar un diagnóstico en profundidade da situación do emprego nas Administracións Públicas e determinar de qué xeito se pode obter o mellor rendemento do capital humano que traballa nas Administracións, en interese dos cidadáns.
 
O Observatorio do Emprego Público é un órgano colexiado interministerial, adscrito ao Ministerio da Presidencia, a través da Secretaría de Estado para a Función Pública, e conta cun Pleno con representantes da Administración Xeral do Estado, das Comunidades Autónomas e das Cidades de Ceuta e Melilla e das Entidades Locais, a través da Federación Española de Municipios e Provincias. Ademais, participan representantes das Organizacións Sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas.
 
A composición e funcionamento do Observatorio permitirá conformar tamén grupos de traballo para facilitar a súa operatividade.
 
A creación dun Observatorio desta natureza foi unha demanda nos últimos anos, que se recolleu no Acordo Goberno-Sindicatos para a Función Pública no marco do diálogo social 2010-2012, do 25 de setembro de 2009. Coa creación deste órgano dáse cumprimento a ese compromiso.
 
Fonte: Presidencia do Goberno Español
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org