Nº 19 - agosto 2010

PDF > Boletín Nº 19 - agosto 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
O ICO FINANCIOU 12.400 MILLÓNS DE EUROS DURANTE O PRIMEIRO SEMESTRE.

A través das Liñas de financiamento que o ICO pon en marcha en colaboración con bancos e caixas, concedéronse 10.587 millóns de euros do volume total de empréstitos.

 Os formalizados a través da Liña ICO-Liquidez mostran un incremento do 64% respecto ao mesmo período do ano anterior. O Instituto de Crédito Oficial (ICO) concedeu financiamento por un importe de 12.400 millóns de euros a máis de 184.000 empresas e cidadáns durante o primeiro semestre de 2010.
 
Do total de empréstitos dispostos, 10.587 millóns de euros distribuíronse a través das Liñas de Mediación que o ICO tramita en colaboración con bancos e caixas de aforro, un 28% máis que no mesmo período do ano anterior.
 
O volume de empréstitos concedidos polo Instituto no primeiro semestre de 2010 complétase coas formalizacións de créditos directos que alcanzan un importe de 1.847 millóns de euros. Estes empréstitos están dirixidos a financiar proxectos de investimento estratéxicos para a economía nacional.
 
Inversión e Liquidez
As Liñas ICO-Inversión e ICO-Liquidez foron as que tiveron unha maior demanda, concentrando aproximadamente o 80% dos empréstitos dispostos a través das Liñas de Mediación.
 
A través da Liña de Liquidez concedéronse empréstitos por importe de 3.971 millóns de euros, un 64% máis que no primeiro semestre de 2009, que se destinaron a financiar as necesidades de liquidez de 58.448 autónomos e empresas.
 
Con cargo á Liña ICO-Inversión aprobáronse empréstitos por importe de 4.319 millóns de euros, un 27% máis que no mesmo período do ano anterior, que serviron para financiar os proxectos de 64.821 autónomos e pemes.
 
Actuacións en Economía Sostible
Ata a data, o ICO aprobou a concesión de empréstitos por importe de 1.300 millóns con cargo aos diferentes produtos encadrados neste programa.
 
O Fondo de Economía Sostible 2010-2011 analízase en catro produtos: un fondo de capital inversión para financiamento de infraestruturas e enerxía, un fondo de capital risco, un programa de cofinanciamento directo de proxectos entre o ICO e as entidades financeiras e unha liña de mediación.
 
A través destes catro produtos fináncianse activos fixos que teñan como obxectivos, entre outros, a mellora da eficiencia enerxética, a xestión da auga, a eco-innovación, o tratamento e xestión de residuos, a mobilidade sostible, as enerxías renovables, a rehabilitación de vivendas e barrios e áreas rurais, a saúde e biotecnoloxía, a enerxía e o cambio climático, as tecnoloxías da información e a comunicación, a aeronáutica e o sector aeroespacial, a atención aos maiores, dependentes e colectivos vulnerables.
 
Fonte: www.ico.es
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org