Nº 20 - setembro 2010
PRORRÓGASE O PROGRAMA TEMPORAL DE PROTECCIÓN POR DESEMPREGO E INSERCIÓN
A prórroga do programa implica que aos traballadores que extingan por esgotamento a prestación por desemprego contributiva ou os subsidios por desemprego entre o dÃa 16 de agosto de 2010 e o dÃa 15 de febreiro de 2011, lles será de aplicación o establecido na Lei 14/2009 coas modificacións incluÃdas por esta norma.
O artigo 1.2 da Lei 14/2009, do 11 de novembro, estableceu un programa temporal de protección por desemprego e inserción, que na súa disposición final terceira habilita ao Goberno para que, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias, as perspectivas económicas e a situación de desemprego, poida prorrogar ese programa por períodos de seis meses, e, considerando que se manteñen as causas que motivaron esta medida, resulta procedente establecer a prórroga durante
seis meses máis dende o 15 de agosto de 2010, adecuándoa aos criterios contidos na Resolución número 32, aprobada polo Congreso dos Deputados na súa sesión do 20 de xullo de 2010, de modo que pasan a ser beneficiarios de aquela os desempregados menores de 30 anos ou maiores de 45, así como as persoas desempregadas, con idades comprendidas entre os 30 e 45 anos, sempre que neste caso teñan responsabilidades familiares.
Máis información:http://www.boe.es/boe/dias/2010/08/23/pdfs/BOE-A-2010-13336.pdf
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66 Fax: 986 47 14 44 email:
info@maiv.org web:
www.maiv.org