Nº 20 - setembro 2010

PDF > Boletín Nº 20 - setembro 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
SUBVENCIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DE AEDL COAS ENTIDADES LOCAIS

A Consellería de Traballo e Benestar publica no DOG do 15 de setembro de 2010, a convocatoria que recolle as liñas de axuda que teñen por obxecto a dinamización do emprego no ámbito de toda a Comunidade Autónoma de Galicia, para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local (AEDL) por parte das entidades locais, a través dos programas de cooperación, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na implantación das políticas activas de emprego e a xeración de emprego no ámbito local.

Unha das liñas de acción da Consellería de Traballo e Benestar para o exercicio orzamentario 2010, é a xestión das subvencións e axudas públicas das políticas activas de emprego, entre as cales están as medidas dirixidas, por unha banda a fomentar a creación de emprego de calidade e, por outra, a incrementar a empregabilidade dos desempregados, mellorando as condicións do mercado de traballo, prestando especial atención aos colectivos con especiais dificultades de inserción, no marco da Estratexia Europea para o Emprego, o Programa nacional de reformas e no eido da colaboración institucional e o diálogo social cos axentes económicos e sociais de Galicia.
 
Esta situación demanda o esforzo conxunto e coordinado das distintas administracións públicas que, xunto cos recursos procedentes da Unión Europea, permitan acometer programas que estimulen, de xeito inmediato, a xeración de emprego. Estas directrices poñen especial fincapé na importancia da creación de postos de traballo a nivel local desde a perspectiva de que existen novos viveiros de emprego susceptibles de xerar novos postos de traballo, sendo no ámbito local onde se atopan as maiores posibilidades de detección e aproveitamento en beneficio do emprego.
 
A constitución dun ámbito local propicio á creación de emprego require o desenvolvemento dun conxunto de funcións esenciais como son a animación, o estímulo e a innovación. Para que estas funcións se poñan en práctica é fundamental a presenza de axentes de emprego e desenvolvemento local, coa formación e experiencia adecuada que lles permita utilizar unha metodoloxía común e que poidan desempeñar diversas tarefas como promotores de actividade, prospectores de mercado e asesores puntuais de proxectos de empresa.
 
A contía máxima das subvencións que se concederán por cada axente de emprego e desenvolvemento local poderá ser a equivalente ata o 80 por 100 dos custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos, co límite máximo de 27.046 euros anuais por cada contratación subvencionada e concederase por un período dun ano, podendo prorrogarse a subvención para a contratación do axente de emprego e desenvolvemento local por iguais períodos, precisándose para cada ano unha nova solicitude e concesión de subvencións.

Será incompatible con outras subvencións ou axudas, con independencia do seu importe, para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
 
Beneficiarios: Entidades locais ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración.
 
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 15/10/2010.
 
Máis información: www.xunta.es/dog/
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org