Nº 20 - setembro 2010
PROGRAMA DE CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DE EMPRESAS
A Cámara de Comercio a través da Fundación INCYDE está a desenvolver un programa de formación empresarial cuxo obxectivo é por unha banda determinar a viabilidade dunha idea empresarial e a súa posta en marcha para aquelas persoas que teñen un proxecto en mente ou ben acadar a maior rendibilidade posible naqueles casos que a empresa xa teña sido constituÃda.
O programa está dirixido polo tanto a emprendedores/as, que queiran crear a súa propia empresa e conten cun proxecto e a empresarios/as que queiran consolidar o seu negocio, mellorar a rendibilidade da súa empresa ou avaliar outras alternativas de expansión.
Dentro de cada acción o emprendedor/a ou o empresario/a contará cun asesor que lle asistirá na elaboración dun proxecto ou plan estratéxico de negocio que poderá utilizar a hora de presentar a súa iniciativa ante entidades financeiras ou administracións na busca de financiamento ou axudas e subvencións.
Os métodos pedagóxicos utilizados son fundamentalmente de carácter participativo: proxectos, xogos de empresa, casos, conferencias, toma de decisións con axuda de ordenador, formación de grupos de traballo e en un mesmo mercado, impartidas por dous profesores conxuntamente.
A próxima edición desta acción formativa celebrarase en Tui a partir do día 4 de outubro polo que no caso de ter interese por participar contactar coa Cámara de Comercio de Tui no teléfono de contacto 986 60 02 16 o no correo electrónico
camaratui@camaratui.com.
O curso é gratuíto e está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar a través do Programa Operativo de Adaptabilidade e Emprego cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66 Fax: 986 47 14 44 email:
info@maiv.org web:
www.maiv.org