Nº 21 - outubro 2010
PUBLICADA A LEI 35/2010 DE 17 DE SETEMBRO DE MEDIDAS URXENTES PARA A REFORMA DO MERCADO DE TRABALLO
O pasado dÃa 18 de setembro apareceu publicada no BOE a Lei 35/2010 de 17 de setembro de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo. Pasamos a expor brevemente algunha das novidades mais significativas que inclúe esta norma, que ven a desenvolver o Real-decreto lei 10/2010 de xuño.
Os contratos de obra poderán ter unha duración máxima de 3 anos, ampliable a 4 cando o convenio colectivo sectorial así o recolla. No que respecta ao encadeamento de contratos, adquiren a condición de fixos aqueles que nun período de 30 meses estiveran traballando mais de 24 meses no mesmo ou en diferente posto de traballo mediante dous ou mais contratos na mesma empresa ou grupo de empresas. A indemnización por remate de contratos temporais aumentará de 8 a 12 días, subindo progresivamente ano a ano e chegando aos 12 días o 1 de xaneiro de 2015.
En canto o despido colectivo e por causas obxectivas a nova regulación permíteo, xa non so en base a situación actual da empresa senón tamén cando se prevexan perdidas futuras. Tamén se introducen novidades en certos tipos de contratación e así por exemplo no contrato para o fomento da contratación indefinida auméntanse os colectivos cos que se pode realizar o mesmo, para o contrato en prácticas auméntase a 5 os anos para esta modalidade, sendo 7 para os discapacitados. No contrato de formación modifícase o réxime salarial e inclúese a cobertura por desemprego con algunhas excepcións.
Ao marxe tamén existen novidades nos campos da prestación económica dos autónomos por cese de actividade e das axencias de colocación e empresas de traballo temporal. Para máis información consultar o texto da
lei.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66 Fax: 986 47 14 44 email:
info@maiv.org web:
www.maiv.org