Nº 21 - outubro 2010

PDF > Boletín Nº 21 - outubro 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
PRÓRROGAS DAS SUBVENCIÓNS DE INVESTIGACIÓN DA CONSELLERÃA DE ECONOMÃA E INDUSTRIA

O pasado 8 de outubro publicouse a orde do 1 de outubro de 2010 que ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas correspondentes ás prórrogas que se inician no ano 2010 dos programas de formación de persoal investigador e tecnólogo do Programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2006-2010).

As axudas que se convocan en réxime de prórrogas con inicio no ano 2010 para os Programas Isidro Parga Pondal, María Barbeito e Isabel Barreto ascenden a un total de 8.722.102 € que se reparten da seguinte maneira:
 
- Segunda prórroga Programa Isidro Parga Pondal 2006: axudas a contratación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia. O orzamento total para os anos 2010 e 2011 ascende a 1.778.400 €.
 
- Prórroga Programa Isidro Parga Pondal 2007: axudas para a contratación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia. A subvención total para os anos 2010, 2011 e 2012 ascende a 2.872.800 €.
 
- Prórroga Programa María Barbeito 2008: axudas a contratos predoutorais de formación de doutores para a súa incorporación en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia. O importe total para os anos 2010 e 2011 ascende a 757.302 €.
 
- Prórroga Programa Isabel Barreto 2008: Axudas para á incorporación de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D+i en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia. A contía total para os anos 2010, 2011, 2010 ascende a 3.313.600 €.
 
A documentación a presentar poderase obter na web oficial da consellería http://economiae-industria.xunta.es, no enderezo electrónico info.rhs@xunta.es ou teléfonos da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. As solicitudes, dirixidas ao director xeral, presentaranse no rexistro xeral de dita Dirección Xeral, ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
 
O prazo de presentación de solicitudes é dende o 9 de outubro ata o 8 de novembro de 2010. 
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org