Nº 21 - outubro 2010

PDF > Boletín Nº 21 - outubro 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
SUBVENCIÓNS PARA UNIDADES DE INVESTIGACIÓN COMPETITIVAS DE I+D+I PARA O 2010

Mediante esta orde convócanse axudas dirixidas aos centros de innovación e tecnoloxía, aos centros de investigación e grupos de investigación do sistema universitario galego (en adiante SUG) e demais organismos do sistema público de I+D+i.

Estas axudas, que recoñecen e premian o esforzo na obtención de resultados de calidade, concédense sobre a base dos resultados contrastables da actividade investigadora e co compromiso de desenvolver un programa por obxectivos particularizado para cada beneficiario da axuda e no que se plasmen os fitos que se agardan obter, necesariamente ligados a unha mellora contrastable nos resultados da actividade investigadora.
 
A orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións, baixo a fórmula de contratos-programa, da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria, e as axudas a estruturación do sistema galego de I+D+i na procura dunha maior e mellor competitividade realizando unha investigación de calidade, promovendo a consolidación e o dimensionamento das unidades de investigación do SUG e demais organismos de investigación que desenvolven a súa actividade investigadora en Galicia.
 
Poderán ser beneficiarios das subvencións, as universidades públicas de Galicia, os organismos públicos de investigación (Consello Superior de Investigacións Científicas e Instituto Español de Oceanografía) e os centros de investigación da rede pública sanitaria de Galicia a través dos seus grupos de investigación, así como os centros de innovación e tecnoloxía.
 
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 20/11/2010.
 
Máis información:
http://www.xunta.es/Dog/Dog2010 
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org