Nº 12 - xaneiro 2010

Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
No 2010 contaremos con accións formativas AFD na nosa Comunidade

A Consellería de Traballo e Benestar abre o prazo de presentación das Accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas.

Ano tras a ano a nosa comunidade autónoma ven executando aquelas accións formativas destinadas a cualificación prioritariamente da poboación desempregada, é este ano non ia ser menos. Renomeadas baixo o novo pseudónimo AFD, os antigos FIP, están incluídas no "Programa Operativo Adaptabilidad y Empleo" sendo un 80% financiada polo Fondo Social Europeo e un 20% pola Administración do Estado.
O abano de entidades que poden participar nestas axudas é moi amplo, xa que os beneficiarios de ditas axudas abarcan os centros e entidades de formación inscritos no censo de centros colaboradores de formación ocupacional; as persoas físicas, as entidades xurídicas e as institucións que desenvolvan unha actividade que teña relación directa coa formación e os centros de entidades de formación inscritos no censo de centros colaboradores; as administracións locais e outras institucións públicas ou entidades sen ánimo de lucro que teñan entre o seus fins a formación ou a inserción profesional dos colectivos de traballadores/as  aos/ ás que se dirixen estes programas; e as empresas, as súas asociación ou outras entidades que presenten un proxecto formativo específico para elas con compromiso de contratación inmediata.
O prazo para a presentación deste tipo de axudas é dun mes dende o día seguinte a publicación da orde no Diario Oficial de Galicia, polo que contades ata o 31 de Xaneiro para a súa solicitude; aínda que existen excepcións, xa que para os convenios de colaboración vencellados a programas específicos para a formación de persoas con necesidades formativas específicas ou que teñan dificultades para a súa inserción ou recualificación profesional e que se consideren de interese social, así como para os programas formativos con compromiso de contratación inmediata o prazo varía. Nestes dous casos a data de presentación amplíase ata o 30 de Xuño do presente ano. Unha vez acadada a subvención, as entidades terán como data límite de execución o 30 de novembro de 2010, podendo ampliarse ata o 15 de decembro a través de previa autorización do órgano competente.
En definitiva,  diremos que o que pretende a presente orde é por en marcha unha serie de accións formativas cuxo obxecto é a inserción e reinserción laboral dos traballadores e traballadoras desempregados naqueles empregos que require o sistema produtivo. Esa é a razón polo que se limita nun 25% a participación de persoas traballadoras ocupadas en cada unha das accións.
Ademais temos que sinalar que as especialidades sobre as que versan ditas accións formativas son moi amplas e complementase con módulos específicos transversais relacionados, coa igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a prevención de riscos laborais, e outra formación complementaria a elixir na programación (alfabetización informática, creación de empresas, habilidades comunicativas en galego para o mundo laboral, etc.).
Como podedes ver, trátase dunha oportunidade única para desenvolver nas nosas zoas de actuación, a formación precisa cara a cualificación e mellora do noso mercado de traballo.
Por elo, e tal e coma é costume, achegámosvos a convocatoria para aqueles que queran coñecer en maior medida a presente subvención.
http://www.xunta.es/dog
 
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org