Nº 22 - novembro 2010
APROBADAS PROPOSTAS DE DECISIÓN DOS PROXECTOS POCTEP
Ao longo do mes de Novembro, realizáronse as pertinentes reunións dos Comités Territoriais para a avaliación das candidaturas da 2ª convocatoria do POCTEP.
Segundo as cinco diferentes áreas, os pasados días 4, 5, 10, 16 e 17 de Novembro reuníronse os Comités Territoriais do Programa Operativo de Cooperación Transfronterizo España – Portugal 2007 – 2013 (POCTEP). O obxectivo destas reunións era presentar a información xeral sobre o proceso de tramitación, instrución e valoración das candidaturas recibidas para a segunda convocatoria. Ademais, presentaronse os resultados da avaliación dos proxectos, coa finalidade de extraer unha proposta para a decisión final do Comité de Xestión.
Da totalidade de proxectos analizados (268 candidaturas), os pertencentes a nosa área (Área Galicia / Norte) conformaron un total de 84 proxectos. Candidaturas que representaron un 31,3%, posicionándonos na zona onde se estipularon maior número de candidaturas e solicitou maior cantidade económica do FEDER (86,82M€).
En relación a temática mais solicitada, a pertencente ao Eixe 1 (Competitividade e Emprego) foi a que recibiu maior número de candidaturas, seguida do Eixe 2 ( Medioambente e patrimonio) cun 30,2%, do Eixe 4 (Fomento da Cooperación e Integración Socioeconómica) cun 20,5% e finalmente o Eixe 3 (Accesibilidades), a cal representa unicamente un 8,5% das solicitudes nesta convocatoria.
En resume, todas elas foron analizadas e avaliadas polos Comités Territoriais; polo que o seguinte paso é do Comité de Xestión, quen ten previsto reunirse a primeiros do 2011 coa finalidade de tomar unha decisión final e notificar aos principais beneficiarios a resolución final.
Fonte: Programa de Cooperación Transfronteriza España – Portugal
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66 Fax: 986 47 14 44 email:
info@maiv.org web:
www.maiv.org