Nº 22 - novembro 2010

PDF > Boletín Nº 22 - novembro 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
TRABALLO INTENSIFICA AS POLÃTICAS ACTIVAS DE EMPREGO

En España o gasto público destinado a políticas de emprego é similar ou maior ao de parte de países europeos, pero hai un enorme desequilibro cando se compara a proporción destinada a políticas pasivas (desempregados) e a políticas activas (emprego). Po iso, trátase conseguir que as políticas activas de emprego sexan dinamizadoras e axuden a reducir o problema do desemprego.

 Os criterios ou propostas que o Ministerio quere aplicar para mellorar as políticas activas de emprego en España son:
 
1) Mellorar o funcionamento dos servizos públicos de emprego:
 
-          Transformar os servizo públicos de emprego
-          Personalizar os servizos aos desempregados
-          Avaliar os resultados dos servizos públicos de emprego e axencias privadas de colocación.
 
2) Lograr unha maior conexión entre políticas activas:
 
-          Vincular as prestacións que reciben os desempregados a súa participación en programas de formación e a súa             busca activa de emprego
-          Permitir alternativas de xubilación flexibles
 
3) Deseñar itinerarios de formación e traxectorias profesionais para desempregados:
 
-          Elaborar programas de formación e reubicación profesional para desempregados.
 
4) Mellorar a oferta de formación e a súa calidade:
 
-          Aumentar a calidade media dos recursos de formación para desempregados
 
5) Promover iniciativas innovadoras por parte dos desempregados:
 
-          Incentivar a creación de “empresas en prácticas”
 
6) Xerar novos tipos de emprego + formación:
-          Introducir a figura do “desempregado-traballador” e ter a posibilidade de combinar salario e subsidio.
-          Crear un sistema de rotación-substitución para promover unha maior conciliación entre a vida laboral e persoal.
-          Xerar empregos públicos cun elevado compoñente de formación
 
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org