Nº 22 - novembro 2010

PDF > Boletín Nº 22 - novembro 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
PROBAS PARA CARNÉS PROFESIONAIS

Nestes días (do 15 ao 26 de novembro), estanse a desenvolver as probas para a obtención de carnes profesionais en diferentes centros integrados de formación profesional de Galicia.

Mais de 800 persoas están a intentar sacar o carné profesional de instalador de linéas de alta tensión, de gas, de guindastre torre, de operador industrial de caldeiras, de productos petrolíferos líquidos, de instalacións térmicas de edificios ou cualificación individual en baixa tensión e de reparador frigorista entre outros.
 
A proba ten unha parte teórica e outra práctica e nalgunha das especialidades como na de instalador de fontanería, para acceder a mesma hai que acreditar unha titulación equivalente a actual normativa sobre instalacións interiores de subministro de augas de Galicia ou ben acreditar unha experiencia laboral de alomenos dous anos como oficial técnico nunca empresa de fontanería autorizada coa correspondente titulación de FP.
 
Entre as persoas que se están a presentar temos profesionais dos diferentes sectores que teñen sobrada experiencia pero sen acreditación de ningún título, outros que xa teñen FP pero precisan destes certificados de profesionalidade para complementar a súa formación de cara o acceso a determinados sectores ou para poder asinar proxectos e tamén poidemos atopar algunhas alumnas traballadoras dos obradoiros de emprego (OE Os Prados do Concello da Lama) que queren certificar os coñecementos que están a adquirir no seu proxecto de formación e emprego.
 
Fonte: Faro de Vigo 
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org