Nº 22 - novembro 2010

PDF > Boletín Nº 22 - novembro 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
A XUNTA SOLICITA FONDOS EUROPEOS A BRUXELAS A PARTIR DO 2013

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, remitiuse ao comisario europeo de Política Rexional, Johannes Hahn para solicitar que Galicia siga recibindo fondos comunitarios más alá do 2013 para acadar os obxectivos da Estratexia da Unión Europea 2020, posto que ás dificultades inherentes á consolidación da saída do Obxectivo Converxencia, únese a necesidade de sentar os piares dun novo modelo de crecemento.

Fernández Currás lembra que o desenvolvemento experimentado por Galicia non sería posible sen a existencia dunha política de cohesión da UE e salienta que a efectividade dos instrumentos de política rexional da Comisión Europea permitiu superar a barreira do 75% do PIB per cápita correspondente á media comunitaria. Tamén resalta, que Galicia acaba de formular un Plan Estratéxico 2010-2014-Horizonte 2020, orientado a construír un novo modelo económico baseado no crecemento intelixente, sostible e integrador.
 
Por iso, asegura que resulta necesario articular unha axuda transitoria para as rexións europeas que, como Galicia, abandonarán por primeira vez o Obxectivo Converxencia coa finalidade de consolidar en termos reais esta saída e poder prepararse para o novo escenario.
 
A titular de Facenda sinala que Galicia formulou e liderou desde hai un ano e medio a iniciativa Convergence Regions on the Way to Cohesion (CROWC), para reivindicar unha axuda transitoria a partir do ano 2013 que evite unha redución drástica dos fondos (a partir do 2013 Galicia perderá os case 5.600 millóns de euros que recibe da UE) e garanta a estabilidade financeira suficiente para dar continuidade á liña de desenvolvemento harmónico e equilibrado que mantivo durante os anteriores períodos. No marco de CROWC, Galicia mantivo encontros bilaterais e colectivos con todas as rexións afectadas que contan con representación en Bruxelas.
 
Fonte: La voz de Galicia 
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org