Nº 13 - febreiro 2010

Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
Selección e Homologación de R-Agents o Expertos en Residuos

Os socios do proxecto Red Genera, abriron mediante convocatoria pública o prazo para a presentación de solicitudes para a prestación do servizo profesional de R-agents ou Expertos en Residuos, este proxecto enmárcase no PROXECTO 0089_RED GENERA_1_E do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, e que ten como obxectivo a creación dun sector de reciclado de residuos competitivo que contribúa ao desenvolvemento sostible e ao aumento de emprego en Galicia e no norte de Portugal.

Seleccionaranse persoas físicas, tanto autónomos como persoal pertencente a persoas xurídicas dedicadas a consultoría medioambiental, para que formen parte do Marketplace de R_agents como expertos en residuos que se encargarán de detectar problemas nas pemes que participan no proxecto, partindo da información solicitada a través dos diagnósticos de residuos nas instalacións, identificando oportunidades de innovación e propoñendo finalmente proxectos de colaboración para a prevención, redución e valorización de residuos.

As súas funcións serán: participar na difusión do programa e na captación de empresas participantes, colaborar na selección de empresas beneficiarias, programar as visitas de diagnóstico as empresas, emitir os informes e remitilos ao Comité de Coordinación para a súa valoración, xestionar a loxística para as visitas, preparar documentación de toma de datos e xestionar a documentación de maneira adecuada.

Os R-agents recibirán unha acción formativa obrigatoria a cargo do proxecto, tras o cal estarán homologados.

O perfil técnico será o de titulados universitarios relacionados con temas ambientais que dominen o idioma oficial da localización física, con formación de postgrado en medio ambiente, experiencia mínima de tres anos no sector ambiental e concretamente en diagnósticos, auditoría ou proxectos ambientais, dispoñibilidade de traballo a xornada completa e o horario das empresas diagnosticadas, dispoñibilidade para asistir á xornada de homologación e de desprazamento por Galicia e o norte de Portugal.

A presentación de solicitudes poderase facer en cada unha das sedes dos socios da Agrupación Red Genera (Cámaras de Comercio de Ourense, Vigo, Pontevedra e Tui e Associacao Industrial do Minho) en horario de 9 a 14 horas españolas, rematando o prazo o día 31 de maio de 2010.

Para máis información remitirse a páxina web do proxecto www.redgenera.org dentro da sección de eventos.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org