Nº 13 - febreiro 2010

Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
Máis de 3.000M ¤ destinados a Programas de Emprego e formación no 2010

O Ministerio de Traballo e Inmigración e as Comunidades Autónomas chegaron a un acordo polo cal recibirán 3.072 millóns de euros para políticas activas de emprego no 2010, o 6,7% máis que o ano anterior.

A distribución dos fondos inclúe cantidades destinadas a financiar diversos Programas de emprego e formación que melloren as posibilidades de atopar un traballo e que permitan utilizar activamente o tempo en paro.

Os programas organízanse en dous eixes: un relativo ao Fomento do espírito empresarial e mellora da adaptabilidade dos traballadores e das empresas, e outro ao Fomento da empregabilidade, a inclusión social e a igualdade entre homes e mulleres.

Máis da metade dos recursos destinados a políticas activas de emprego se desenvolven coa colaboración de corporacións locais e organismos e entidades sen ánimo de lucro, e en Escolas Obradoiro, Casas de Oficios e Obradoiros de Emprego.

Estes programas permiten participar nos obradoiros de busca de emprego e de actualización dos currículos e supoñen a mellora das competencias profesionais e da relación coas empresas.

O Ministerio de Traballo e Inmigración está a traballar no refundido dun solo Real Decreto que permitirá a maior flexibilidade na xestión, a actualización de contidos dos programas e mellorar a adecuación á necesidade de cada territorio.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org