Nº 14 - marzo 2010

Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
Aberta a 2ª Convocatoria para a presentación de proxectos do POCTEP

O Comité de Seguimento do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 na súa reunión de 23 de febreiro de 2013 aprobou a publicación da segunda convocatoria para a presentación de proxectos.

O obxecto é promover a participación en accións de cooperación transfronteiriza no marco do POCTEP e o ámbito territorial abarca as provincias de Ourense e Pontevedra dentro da Comunidade Galega, as cales se atopan dentro da área de actuación Galicia/Norte de Portugal.
 
O prazo límite de execución dos proxecto será o 31 de decembro de 2012 e a porcentaxe máxima de cofinanciamento FEDER será do 75%.
 
Os requisitos que deben cumprir os proxectos serán: contar con polo menos dous beneficiarios, un de cada estado, ter carácter transfronteirizo, encadrarse dentro do eixes prioritarios do POCTEP, ser compatibles coas políticas nacionais e comunitarias, contribuír ao desenvolvemento das rexións e particularmente das zonas elixibles e demostrar capacidade para a mobilización das contrapartidas nacionais.
 
Os proxectos serán presentados polo beneficiario principal na súa lingua na sede do Secretariado Técnico Conxunto do Programa e constarán da seguinte documentación: Oficio, formulario de candidatura, formulario financeiro, cartas de compromiso, acordos de beneficiarios e si procede memoria descritiva do proxecto.
 
As prioridades sobre as que se poderá traballar serán:
  1. Competitividade e emprego.
  2. Medio ambiente, patrimonio e prevención de riscos.
  3. Ordenación do territorio e accesibilidades.
  4. Integración socioeconómica e institucional.
O prazo de presentación das solicitudes será o comprendido entre o 1 de marzo de 2010 e o 31 de maio de 2010 e para mais información remitirse a páxina web do POCTEP www.poctep.eu.

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org