Nº 14 - marzo 2010

Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
Traballo inviste 37 millóns en programas mixtos de formación e emprego

O Consello da Xunta da luz verde á orde que regula en 2010 as subvencións dos programas mixtos de formación e emprego, que inclúen escolas obradoiros e casas de oficios, obradoiros de emprego e unidades de promoción e desenvolvemento.

Estes programas están dirixidos a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, de forma que se mellore a súa cualificación persoal para logo favorecer a súa inserción no mercado de traballo.
 
Cabe destacar dúas novidades. A primeira, é que se reforzará a valoración dos proxectos dirixidos á implantación de servizos sociais personalizados de carácter cotiá, como coidado da infancia, prestación de servizos a domicilio a persoas con discapacidade ou persoas maiores e axuda a mozos e mozas con dificultades ou con desarraigamento social. A segunda, é que se inclúe en este exercicio como colectivo preferente para participar nestes proxectos ás persoas que esgotaran prestacións ou subsidios por desemprego.
 
A adxudicación dos proxectos realizaranse en dúas comisións de valoración, que terán lugar no mes de maio e na primeira quincena de outubro.
 
Os beneficiarios principais de estas actividades varían en función da súa tipoloxía. Así nas escolas obradoiro e casas de oficio están dirixidas a menores de 25 anos, mentres que nos obradoiros de emprego son para maiores de 25 anos.
 
En xeral, teñen preferencia as persoas con especiais dificultades para a súa inserción no mercado laboral, como as mulleres -en especial as vítimas de violencia-, os parados que esgotaran prestacións e subsidios, os parados de longa duración, as persoas con discapacidade e as persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente, os beneficiarios da renda de integración social en Galicia.
 
Os requisitos para participar, ademais na idade de cada caso, pasan por estar en situación de desemprego e estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org