Nº 14 - marzo 2010

Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
Acordo Político para impulsar a recuperación do crecemento económico e do emprego

O pasado 2 de Marzo a Ministra de Economía e Facenda, Elena Salgado, compareceu para desenvolver as propostas do Goberno para a recuperación do crecemento económico e a creación de emprego.

Dentro destas medidas expoñemos a continuación aquelas que serán instrumentadas ou xestionadas polo ICO:
 
Reactivación do crédito e da liquidez ás Pemes e autónomos:
 
·         Empréstitos directos do ICO: estes créditos contarán cun importe máximo de 200.000 euros concedidos directamente polo ICO que asumirá o 100% do risco. Estes empréstitos serán comercializados por unha entidade financeira de ámbito nacional que será seleccionada por concurso. O obxectivo desta liña é que toda pequena empresa solvente conte con financiamento.
 
Apoio á internacionalización:
 
·         Priorización da liña FAD-PYME en 2010 dentro do FAD
 
Apoio ao Turismo:
 
·         Ampliación ata 500 millóns de euros da liña ICO- Future para apoiar a renovación do sector.
 
Instrumentos para mellorar o financiamento empresarial prestando especial atención a autónomos e pemes:
 
·         Aumentar o capital de CERSA, para mellorar a súa capacidade de reafianzar ás Sociedades de Garantía Recíproca (SGR)
·         Impulsar a colaboración do ICO coas SGR para que operacións inferiores a 600.000 euros, que sexan avaliadas polo Facilitador Financeiro e avaladas por unha Sociedade de Garantía Recíproca, conten cun reaval polo 100% da operación.
·         Elevar os topes de risco que asume o ICO nas liñas de mediación, ata os niveis medios de risco das entidades de crédito para o colectivo de referencia.
 
Fonte: www.ico.es
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org