Nº 12 - xaneiro 2010

Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
1ª Convocatoria para a Avaliación en Competencias Clave

O pasado 8 de xaneiro publicouse no DOG a convocatoria para o 2010 das probas de avaliación en competencias clave para acceder aos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación, dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma Galega.

A finalidade desta resolución é asegurar que o alumnado posúa as competencias clave suficientes para cursar con aproveitamento a formación dos certificados de profesionalidade que se programen en calquera acción de formación para o emprego, como é o caso dos programas mixtos de formación e emprego (escolas taller, casas de oficio e talleres de emprego).

 

As competencias clave que se convocan comprenden un conxunto de contidos xerais de formación básica en diferentes áreas de coñecemento, que son:

 

Lingua galega

Tecnoloxía

Lingua castelá

Dixital

Lingua estranxeira (inglés)

Xeografía

Matemáticas

Historia

Ciencias

 

 

As devanditas probas adaptaranse ás persoas discapacitadas que acrediten un grado de discapacidade polo menos do 33%.

 

Poderán presentarse aquelas persoas maiores de 16 anos que queiran cursar un certificado de profesionalidade de nivel 2 ou 3 e non estean en posesión da titulación ou certificación oficial requirida.

 

A titulación oficial requirida para o nivel 2 é:

 

-          o título de Graduado en ESO,

-          ter un certificado de nivel 1 da mesma familia e área profesional, ou

-          un certificado de nivel 2.

 

Para o acceso ao nivel 3 requírese:

 

-          o título de Bacharelato,

-          ter un certificado de nivel 2 da mesma familia e área profesional, ou

-          un certificado de nivel 3.

 

As persoas aspirantes deberán xuntar á súa solicitude de inscrición: a fotocopia do documento nacional de identidade, ou número de identificación de estranxeiro ou do pasaporte, e no seu caso, o certificado acreditativo de discapacidade en vigor.

 

As solicitudes poderán presentarse dende o 9 ao 29 de xaneiro de 2010, no rexistro da Consellería de Traballo e Benestar. Transcorrido o período de inscrición, publicarase un listado provisional de persoas excluídas e admitidas, contra o cál poderanse formular as oportunas alegacións no prazo de 3 días hábiles.

 

As listas definitivas e a información sobre o horario das probas publicaranse o 24 de febreiro no taboleiro de anuncios dos centros en que se realicen as probas e na páxina web http://traballoebenestar.xunta.es/

 

O calendario das probas é:

 

Probas Nivel 2

Probas Nivel 3

26 e 27 de febreiro

5 e 6 de marzo

 

 

 

Podes consultar a convocatoria, os contidos de cada competencia clave e exemplos de probas na web da Consellería de Traballo:

 

http://traballo.xunta.es/contenidos/gl/menu_transversal/formacion_cualificaciones/competencias_clave

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org