Nº 13 - febreiro 2010

Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
A poboación traballadora contará cun amplo abano de formación gratuíta

O Ministerio de Traballo e Inmigración abre o prazo para a solicitude de plans formativos dirixidos prioritariamente aos e as traballadoras en activo.

O pasado 9 de Febreiro do presente mes publicouse a convocatoria para a concesión e execución dos plans de formación mediante convenios (ámbito estatal) dirixido prioritariamente a traballadores e traballadoras ocupados. A súa finalidade é ofrecer unha formación axustada as necesidades actuais do noso mercado de traballo, emendando deste xeito os requirimentos de produtividade e competitividade das empresas e as aspiracións de promoción profesional e desenvolvemento persoal dos e das beneficiarias.

Tendo esta premisa presente, a tipoloxía de plans formativos dos que se fai promoción responderán as seguintes características:
1. Plans formativos intersectoriais.

Estes plans caracterízanse por estar compostos por accións formativas dirixidas ao aprendizaxe de competencias transversais a varios sectores da actividade económica ou de competencias específicas dun sector para o reciclaxe e recualificación do persoal traballador doutros sectores.

Dentro desta definición vense agrupadas tres subtipoloxías:

- Plans formativos dirixidos aos e as traballadoras ocupados, onde serán as organizacións empresariais e sindicais de ámbito estatal e de carácter intersectorial as que teñan capacidade para solicitar dita formación.

- Plans formativos dirixidos a traballadores e socios da economía social sempre que aporten actividade económica. Para este caso soamente se permite a execución de dita formación ás confederacións e federacións de cooperativas e/ou sociedades laborais e as organizacións representativas da economía social. Todas elas con carácter intersectorial e con suficiente implantación no territorio nacional.

- Plans formativos dirixidos aos traballadores e traballadoras autónomas tendo a capacidade de entidade xestora as asociacións representativas dos e das traballadoras autónomas e as organizacións sindicais máis representativas no ámbito estatal.

2. Plans de formación sectoriais

Terán a presente consideración as accións formativas dirixidas á formación de traballadores e traballadoras dun sector produtivo concreto, co fin de desenvolver accións formativas de interese xeral para dito sector e satisfacer necesidades específicas de formación do mesmo. As entidades encargadas da execución destes plans poderán ser as organizacións empresariais e sindicais de ámbito estatal representativas no seu sector de actividade produtiva , así como os entes paritarios creados ou amparados no marco da negociación colectiva sectorial estatal.

Como xa comentamos, a presente formación vai dirixida prioritariamente á poboación traballadora, dándolle especial peso as mulleres, as persoas con discapacidade, os e as traballadoras de baixa cualificación e os maiores de 45 anos. Dentro do conxunto de traballadores, limita nun 10% a participación do persoal ao servizo da Administración Pública, ademais de restrinxilos aos plans formativos considerados intersectoriais. Tamén temos que sinalar a posibilidade que brinda de formar a poboación desempregada, tendo unha limitación dun 40 % na participación con respecto do total do persoal traballador formado en cada plan formativo.

O prazo para presentar solicitudes é de 20 días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación ( 1 de Marzo de 2010) e o orzamento correspondente é de 413.115.430 euros.

Como se pode apreciar, a información é moi ampla, para quen estea interesado recomendámoslle analizar a convocatoria co presente link:
http://www.boe.es/boe/dias/2010/02/09/pdfs/BOE-A-2010-2146.pdf
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org