Nº 15 - abril 2010

PDF > Boletín Nº 15 - abril 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
Subvencións para programas integrados de emprego en Galicia

A Consellería de Traballo e Benestar ven de publicar na Orde do 29 de marzo de 2010 as subvencións que regulan a posta en marcha de programas de emprego dirixidos á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego.

O programa integrado de emprego ten por obxecto o desenvolvemento de plans integrais de emprego que combinen accións de diversa natureza, como: información, orientación e asesoramento, formación, práctica laboral e mobilidade xeográfica.
 
En estes programas, orientados á mellora da ocupación e integración de traballadores e traballadoras en situación de desemprego, terán prioridade os seguintes destinatarios:
 
- persoas discapacitadas
- persoas inmigrantes
- mulleres
- persoas desempregadas en risco de exclusión social
- perceptores de subsidios e prestación por desemprego
- colectivo de persoas desempregadas de longa duración
- mozas/os
 
Todos eles deberán figurar inscritos como demandantes de emprego, sendo o Servizo Público de Emprego que seleccione as/os candidatas/os dispoñibles para a súa incorporación aos plans integrais.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org