Nº 15 - abril 2010
O ICO financiará directamente a Pemes e Autónomos a partires de xuño
Dentro da serie de medidas acordadas polo Consello de Ministros para impulsar a economÃa e o emprego, que conseguiron gran consenso por parte dos grupos parlamentarios, aprobouse a posta en marcha de catro iniciativas que pretenden axilizar o funcionamento do ICO e facilitar o acceso a crédito de particulares e empresas, reforzando a súa solvencia financeira.
A principal novidade é que a antes do 15 de xuño o ICO poderá dar préstamo directo a autónomos e pemes, en operacións de financiamento tanto de inversión como de liquidez, cun importe máximo de 200.000 € por cliente decidindo e asumindo o ICO o risco destas operacións ao 100%.
A medida estará vixente durante este ano e o vindeiro e as condicións dos préstamos serán as de mercado. O programa será comercializado por unha entidade financeira de ámbito nacional seleccionada por concurso público e esta rede non poderá esixir condicións diferentes as establecidas no programa nin vinculala contratación a contratación doutros servizos da entidade financeira.
As outras tres medidas aprobadas polo Consello de Ministros son as seguintes:
- Instrúese ao ICO para que incremente o volume de refinanciamento das Sociedades de Garantía Recíproca mediante a adopción de convenios con este tipo de sociedades, que poden converterse nunha ferramenta útil para axilizar a concesión de operacións de financiamento a través do sector financeiro privado.
- Modifícase a liña ICO-Liquidez para favorecer o acceso ao financiamento para circulante das pequenas e medianas empresas.
- Instrúese ao Instituto de Crédito Oficial para ampliar o apoio financeiro a promotores de vivendas de protección oficial cando estas se destinen a venda.
Fonte: ICO
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66 Fax: 986 47 14 44 email:
info@maiv.org web:
www.maiv.org