Nº 15 - abril 2010

PDF > Boletín Nº 15 - abril 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
Procedemento para a concesión do distintivo de Igualdade na Empresa

O pasado 9 de abril publicouse no BOE a orde IGD/869/2010, do 30 de marzo, pola que se convoca o procedemento para a concesión do distintivo "Igualdade na empresa" para o ano 2010.

Esta orde ten por finalidade establecer as bases reguladoras da presente convocatoria, co fin de recoñecer e estimular o labor das empresas comprometidas coa igualdade, que destaquen pola aplicación de políticas de igualdade de trato e oportunidades nas condicións de traballo, nos modelos de organización e noutros ámbitos, como os servizos, produtos e publicidade da empresa.
 
Calquera empresa, pública ou privada, poderá solicitar ao Ministerio de Igualdade a concesión deste distintivo, mediante a presentación dos modelos normalizados dispoñibles na web www.migualdad.es, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.
 
A documentación que deberá acompañar á solicitude consta, entre outras, de documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos xerais, así como da situación da empresa en relación coa implantación de plans e políticas de igualdade.
 
O distintivo terá unha vixencia inicial de 3 anos, e poderá ser prorrogado sempre e cando a empresa cumpra coas obrigas derivadas da obtención do devandito distintivo, entre elas, a de remitir un informe periódico anual en materia de Igualdade.
 
O prazo de presentación de solicitudes é dende o 10 de abril ata o 10 de xuño de 2010.

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org