Nº 15 - abril 2010

PDF > Boletín Nº 15 - abril 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
O 23 de Abril finaliza o prazo para a presentación dos programas de cooperación.

A Consellería de Traballo e Benestar abre o prazo de solicitudes para a contratación de axentes de emprego e unidades administrativas de apoio, persoas traballadoras en situación de desemprego e mulleres vítimas de violencia de xénero.

Ano tras a ano a nosa comunidade autónoma ven sacando importantes axudas para a execución de programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro. A presente convocatoria para o ano 2010 recolle dúas liñas de axudas:
 
1.- Subvencións para a contratación de persoas en desemprego, para a realización de obras e servizos de interese xeral e social, coa finalidade de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa posterior inserción laboral.
A contía da subvención que percibirán as entidades beneficiarias cubrirá os custos salariais e efectos de incentivo á mobilidade xeográfica.
 
2.- Subvencións para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio que colaborarán na implantación das políticas activas de emprego e na realización de funcións relacionadas coa dinamización e coa creación de actividade empresarial.
A subvención percibida será igual ao resultado de multiplicar o número de persoas que se contraten polo número de meses e polo importe do módulo C ou B, dependendo se contratamos axentes de emprego ou unidades de apoio.
 
O prazo para a presentación deste tipo de axudas é dun mes dende o día seguinte a publicación da orde no Diario Oficial de Galicia, polo que contades ata o 23 de Abril deste ano. Coma excepción, para a contratación de mulleres vítimas de violencia, o prazo é ata o 15 de Novembro.
 
Como é costume, achegámosvos a convocatoria para aqueles que queiran coñecer en maior medida a presente subvención: http://www.xunta.es/dog/Dog2010

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org