Nº 15 - abril 2010

PDF > Boletín Nº 15 - abril 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
O Plan re-Forza 2010 mellorará a competitividade do tecido empresarial galego

Establécense anticipos do 50% do apoio concedido e pagamentos fraccionados ata o 70%.

A Consellaría de Economía e Industria da Xunta de Galicia presentou as liñas estratéxicas do Plan re-Forza 2010, que contempla varias novidades en referencia á xestión dos apoios concedidos ás empresas, como a posibilidade de incluír o prefinanciamento dos proxectos de investimento mediante un sistema que vai posibilitar o pagamento de anticipos do 50% da axuda concedida, así como de pagamentos fraccionados que poderán chegar ata o 70% dos apoios concedidos. A este sistema de prefinanciamento tamén poderán acollerse iniciativas ou proxectos das liñas para a reorientación da competitividade e á reguladora de proxectos colectivos.
 
Con esta iniciativa, o IGAPE actuará como facilitador da mellora da competitivade das empresas galegas, dando un impulso máis intenso e sostido á internacionalización da peme galega.
 
Por iso, os fondos destinados ao eixe de mellora da competitividade crecen nun 12% en 2010, como os presupostos xerais do IGAPE, e os presupostos en materia de internacionalización crecen un 57%.
 
Así mesmo, esta entidade reducirá os prazos para a liquidación e pagamento das axudas concedidas, ao tempo que incorporará novas medidas de axilización ao amparo da administración electrónica, con instrumentos como a factura electrónica, o cotexo electrónico ou unha maior integración coas entidades financeiras colaboradoras, tamén sustentada mediante as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC).
 
Fonte: Gabinete de prensa do IGAPE

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org