Nº 15 - abril 2010
Nova orde para regular as axudas do Plan Avanza
Orde ITC/712/2010, do 16 de marzo, pola que se regulan as bases, o réxime de axudas e a xestión do Plan Avanza, no marco da acción estratéxica de telecomunicacións e sociedade da información, dentro do plan nacional de investigación cientÃfica, desenvolvemento e innovación tecnolóxica, 2008-2011.
Esta nova orde mantén o ámbito de actuación da Orde ITC/464/2008, do 20 de febreiro, e incorpora unha simplificación e clarificación da súa estrutura e procedementos. Inclúense de xeito máis visible as novidades introducidas nas sucesivas modificacións, da ITC/464/2008, así como as definicións e outros aspectos contemplados na normativa comunitaria.
Esta orde estrutúrase en dous capítulos e cinco anexos: o primeiro capítulo recolle disposicións de carácter xeral, fixando aspectos como os obxectivos xerais, o ámbito do programa, as persoas beneficiarias, os tipos de axudas e os seus límites; o segundo explica o procedemento de xestión: órganos convocantes por tipo de proxecto, forma de realizar a solicitude, proceso de avaliación e de pagamento.
Unha das actuacións a destacar da orde, é a non obrigatoriedade de presentar os avais para os empréstitos que esixe a normativa reguladora, na convocatoria do ano 2010. Esta medida responde á actual situación financeira internacional, e ten como obxectivo evitar que se resinta a petición de axudas.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66 Fax: 986 47 14 44 email:
info@maiv.org web:
www.maiv.org