Nº 13 - febreiro 2010
Medio Ambiente e as novas tecnoloxÃas contra o desemprego
Os plans de emprego auspiciados dende o sector público viran cara o medio ambiente e as novas tecnoloxÃas para buscar novos nichos de emprego máis recentes aos vaivéns do mercado inmobiliario.
A Deputación de Pontevedra puxo en marcha un plan para que os concellos da provincia busquen potencialidades dos seus territorios que despois se poidan trasladar a obradoiros de emprego dentro do ámbito ambiental e das novas tecnoloxías.
O financiamento europeo é clave en medidas punteiras, como é a rede Wimax, xa que, ata hai pouco non existía, nin sequera, conexión a Internet nalgunhas casas consistoriais. Esta rede estará operativa en 55 concellos dos 62 que ten a provincia e que conta, ademáis do orzamento propio da Deputación, con fondos europeos.
A tecnoloxía Wimax é similar á que se emprega para a cobertura da telefonía móbil e a Deputación obrigará a instalar torretas e aproveitar outras que xa teñen as operadoras na provincia para estender a rede por toda a Pontevedra rural.
As infraestruturas da comunicación serán básicas na procura de xeración de emprego estable e sostible e de loita contra o paro dende as Administracións. O autoemprego e os emprendedores disporán do asesoramento necesario para avaliar a viabilidade das propostas co apoio das novas tecnoloxías.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66 Fax: 986 47 14 44 email:
info@maiv.org web:
www.maiv.org