Nº 16 - maio 2010

PDF > Boletín Nº 16 - maio 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
PUBLICACIÓN DE ORDES DE AXUDAS A PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS DA CONSELLERÃA DE TRABALLO E BENESTAR

Nas derradeiras datas a Consellería de Traballo e Benestar publicou, como ven sendo habitual ano tras ano, as Ordes de axudas a creación de empresas. Neste senso, queremos achegarvos información a cerca da publicación das seguintes:

 O Programa de promoción do emprego autónomo para o ano 2010 ten como obxectivo apoiar a aquelas persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo, incentivando ademais a primeira contratación indefinida. Os diferentes tipos de axudas que recolle a Orde so:
 
O Prazo para a presentación das axudas é de dous meses desde a alta na seguridade social como traballador/a autónomo/a e sempre antes do 30 de xuño de 2010. Para mais información consultar o resumo da orde realizado polo SAE que xuntamos a esta nova.
 
O Programa de incentivos a empresas cualificadas como IEBT ten como finalidade ser un instrumento para dinamizar a vocación emprendedora daquelas persoas con titulación universitaria dedicadas a investigación, que teñan intención de xestionar os seus propios proxectos empresariais innovadores. Os tipos de axudas que recolle a orde son:
 
O prazo xeral para a presentación de axudas remata o 30 de xuño de 2010, salvo no caso da subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación que será ata o 15 de setembro de 2010. Para mais información consultar o resumo da orde realizado polo SAE que xuntamos a esta nova.
 
No DOG do 14 de maio publícanse as bases reguladoras do réxime de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES). Esta orde fixa as bases que regulan as iniciativas de emprego e as súas clases, así como, o procedemento para a súa cualificación e inscrición rexistral. A finalidade e fomentar e promover a creación de empresas innovadoras, económica e financeiramente viables, que xeren emprego estable no ámbito local e no medio rural. Os tipos de axudas son:
 
O prazo xeral para a presentación das solicitudes de todos os tipos de axudas do programa regulado nesta orde finalizará o 30 de xuño de 2010. Para mais información consultar o resumo da orde realizado polo SAE que xuntamos a esta nova.
 
O Programa de apoio a creación, ampliación e mantemento de centros especiais de emprego ten por obxecto a mellora da empregabilidade das persoas con discapacidade e o establecemento das medidas para a súa inserción e permanencia no mercado de traballo. Poderán solicitar estas subvencións aquelas entidades que solicitasen a súa cualificación como centro especial de emprego. Os tipos de axuda son:
Esta orde tamén regula as subvencións as unidades de apoio á actividade profesional dos centros especiais de emprego. Os prazos de solicitude varian en función do tipo de axuda que se solicite. Para mais información consultar o resumo da orde realizado polo SAE que xuntamos a esta nova.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org