Nº 16 - maio 2010

PDF > Boletín Nº 16 - maio 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
AXUDAS PARA A IMPLANTACIÓN DE PLANS DE IGUALDADE NAS PEMES

De acordo coa Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, convocase a concesión de subvencións destinadas ás pequenas e medianas empresas e entidades de entre 30 e 250 traballadoras e traballadores que elaboren e implanten proxectos para fomentar a igualdade efectiva entre mulleres e homes na súa organización a través da adopción de plans de igualdade.

 Os plans de igualdade impulsarán accións en relación coas seguintes áreas de traballo: Área de acceso ao emprego. Área de condicións de traballo. Área de promoción profesional e formación. Área de ordenación do tempo de traballo. Área de prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo. Será necesario garantir o compromiso da dirección da empresa e o fomento dunha linguaxe non sexista.

As fases que deberán incluír os plans de igualdade son:
1) A elaboración dun diagnóstico de situación na entidade en materia de igualdade entre mulleres e homes;
2) A elaboración dun plan de igualdade;
3) A primeira fase de aplicación das medidas previstas no plan de igualdade, onde se deberá acreditar polo menos 3 actuacións prioritarias.
 
O prazo para a realización das actividades subvencionadas será o comprendido entre a data da resolución de concesión e o 31 de agosto de 2011.
 
Ás entidades beneficiarias serán as empresas, sociedades cooperativas, comunidades de bens, asociacións e fundacións de entre 30 e 250 traballadoras e traballadores que, no ámbito das relacións laborais, adopten un plan de igualdade.
 
A contía de cada subvención será dun máximo de 10.000 € para cada entidade.
 
O prazo de presentación será de 30 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación.
 
Máis información no enlace http://www.boe.es/boe/dias/2010/05/12/
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org