Nº 16 - maio 2010

PDF > Boletín Nº 16 - maio 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
FORMACIÓN PARA OCUPADOS E DESEMPREGADOS.

Ante a crise, unha nova oportunidade de formación para as persoas traballadoras desempregadas e ocupadas.

 A Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación abre unha nova convocatoria para a formación dos traballadores galegos grazas a confinanciación do Fondo Social Europeo para o exercicio de 2010.

Ao tratarse de convocatorias distintas, desenvolvimos as presentes fichas resumo coa finalidade de facervos chegar a presente información dun xeito claro e conciso.
 
Accións formativas experimentais e complementarias dirixidas prioritariamente
a traballadores desempregadas

1. Accións subvencionables:
 
-        Cursos de posgrao e cursos organizados por escolas de especialización profesional das universidades galegas.
Público destinatario: Persoas con titulación universitaria
Entidades beneficiarias: Universidades galegas e entidades vinculadas a elas.
Duración máxima: 600 horas
 
-        Accións de carácter experimental que non teñan cabida nas especialidades formativas do ficheiro do Servizo Público de Emprego Estatal
Público destinatario: Persoas que busquen a mellora da empregabilidade
Entidades beneficiarias: Empresas, agrupacións de empresas, entidades sen ánimo de lucro, entidades locais e corporacións de dereito público.
Duración máxima:300 horas
 
2. Prazo de solicitude: 7 de xuño 2010.
 
Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas ocupadas

Público destinatario
: Traballadores ocupados e persoas desempregadas (25%) dos sectores estratéxicos de Galicia: textil, alimentación, madeira, construción, metal, agrario, pesqueira e outros sectores en crise.
Entidade beneficiario: empresas, agrupación de empresas e corporacións de dereito público dos sectores obxecto.
Duración máxima: 250 horas
 
Prazo de solicitude: 13 de xuño 2010
 
 
Para aqueles que esteades interesados en ampliar a información que os proporcionamos, axuntámosvos as convocatorias cos presentes links:
 
http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/../08500D008P076.PDF

http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/../08900D006P021.PDF
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org