Nº 16 - maio 2010
AXUDAS DA SECRETARÃA XERAL DE MODERNIZACIÓN E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA
Resolución do 14 de abril de 2010, da SecretarÃa Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para potenciar o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e se procede á súa convocatoria (procedemento administrativo PR520A).
Neste marco, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica está a impulsar unha serie de medidas dinamizadoras da sociedade da información, entre as que está esta resolución de axudas para potenciar o desenvolvemento do sector empresarial galego que ten a súa actividade económica centrada nas tecnoloxías da información e das comunicacións.
Pola súa banda, a Comisión Europea, mediante Decisión C (2009) 4558 (Axuda de Estado nº N 307/2009-España), autorizou o réxime temporal de axuda para conceder cantidades limitadas de axuda compatible, que se acollerán ao marco temporal comunitario aplicable ás medidas de axuda estatal para facilitar o acceso ao financiamento no actual contexto de crise económica e financeira, publicado no DOUE C 16/1, do 22 de xaneiro de 2009.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66 Fax: 986 47 14 44 email:
info@maiv.org web:
www.maiv.org