Nº 16 - maio 2010

PDF > Boletín Nº 16 - maio 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
A XUNTA SUBVENCIONA CON 113 MILLÓNS à CONTRATACIÓN DE 24.000 PERSOAS NOS PRÓXIMOS 4 ANOS

As axudas están destinadas a catro programas diferentes de contratación: á contratación indefinida inicial, á transformación de contratos temporais en contratos indefinidos, ou á contratación a tempo parcial, neste caso, se o contrato se realiza a tempo parcial a contía das axudas será proporcional ao tempo efectivo de traballo.

Poderán ser beneficiarios as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos, sociedades civís e comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten por conta allea a persoas traballadoras para prestaren servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma Galega.
 
O primeiro programa está destinado á contratación indefinida que se incentivará con axudas entre 2.400 € ou 6.000 €, que se poderán incrementar entre un 10% e un 50% segundo a circunstancia da persoa a contratar, tendo en conta que cando se trate de contratacións a tempo parcial, a contía dos incentivos será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio.
 
O segundo programa subvencionará as transformacións de contratos temporais a indefinidos que se realicen entre o 16 de setembro de 2009 e ata o 7 de maio de 2010; e entre o 7 de maio e o 30 de xuño de 2010, sempre que o contrato temporal obxecto de transformación estivese vixente o 7 de maio de 2010. As axudas serán de 3.000 € para as empresas que teñan no mes da contratación unha taxa de estabilidade igual ou superior á establecida no seu convenio, ou, no se defecto, ao 75%, e de 2.000 € no resto.
 
E o terceiro programa está destinado ás modalidades de contratación temporal, cunha duración mínima de 6 meses, que se formalicen entre o 16 de setembro de 2009 e o 30 de xuño de 2010 e se realicen con persoas desempregadas que pertenzan aos colectivos especificados en dita orden. As axudas comprenden contías entre 2.520 € e 5.040 € cunha duración mínima do contrato de 6 meses. Os contratos de interinidade incentivaranse con 1.800 € sempre que se realicen con persoas desempregadas para substituír a persoas traballadoras en excedencia por coidado de familiares, por un período non inferior a catro meses nin superior a tres anos.
 
O prazo para a presentación de todas as solicitudes de axuda rematará o 30 de xuño de 2010.

Màis información na orde do 4 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras dos programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras e se procede a súa convocatoria para o ano 2010 (publicado no DOG n. 86 do 7 de maio de 2010)

Ver resumo.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org