Nº 17 - xuño 2010

PDF > Boletín Nº 17 - xuño 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ACCIÓNS DE INSERCIÓN LABORAL DE INMIGRANTES.

O pasado 7 de xuño se publicou no DOG a orde de 27 de maio de 2010 pola que se regulan a concesión de subvención, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización das accións incluídas dentro dun itinerario integrado de orientación laboral e de mellora da empregabilidade, dirixidas a promover a acollida, a integración e o esforzo educativo das persoas inmigrantes.

 Estas accións van dirixidas á poboación inmigrante, desempregada inscrita como demandante de emprego ou ben ás persoas ocupadas. Polo menos o 30% das persoas beneficiarias deberán ser perceptoras de prestacións ou subsidios por desemprego, a excepción daqueles programas cuxos participantes sexan na súa totalidade persoas perceptoras da RAI ou RISGA.

As entidades beneficiarias que poderán acceder á subvención son as entidades que teñan personalidade xurídica propia e carezan de fins lucrativos e as corporación locais.
 
Os programas deberán establecer obxectivos de inserción laboral cuantificados de, polo menos, un 10% das persoas demandantes de emprego atendidas durante o programa. Considerarase que a inserción laboral se conseguiu cando durante a vixencia do programa a persoa en situación de desemprego sexa contratada por conta allea por unha duración mínima de 6 meses, ou 1 ano, no caso de traballadores o traballadoras autónomos.
 
As solicitudes se presentarán segundo o modelo oficial (Anexo I) desta orde. O prazo de presentación será dun mes, dende o día seguinte ao da publicación no DOG (último día do prazo o mesmo ordinal do día da publicación, 7 de xullo).
 
A contía da subvención poderá alcanzar o 100% do custo do programa, sendo posible realizar pagamentos anticipados: de ata un 80% da subvención concedida, cando o importe non supere os 18.000 €, e dun 10%, cando supere os ditos 18.000 €.
 
O prazo de execución dos programas e de xustificación de tódolos gastos será ata o 30 de novembro de 2010, e a data da liquidación final da subvención é ata o 10 de decembro de 2010.

Para máis información consultar na páxina web oficial
http://traballoebenestar.xunta.es/.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org