SUBVENCIÓNS A PEMES PARA IMPLANTAR MEDIDAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL.
A ConsellerÃa de Traballo e Benestar ven de publicar na Orde 14 de maio as bases reguladoras para a concesión das subvencións a pemes, para a realización de proxectos para a implantación de medidas de responsabilidade social empresarial, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.
Nas liñas de actuación en materia de RSE recollidas no acordo e destinadas ás empresas atópanse:
- o fomento da formación
- da transparencia informativa
- impulso da implantación nas empresas de sistemas de xestión
- a melloras das condicións laborais dos traballadores e traballadoras
- a promoción dos valores da RSE
- a creación de liñas de axuda.
O obxecto desta Orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas á realización dun proxecto para a implantación de medidas de responsabilidade social nas pequenas e medianas empresas (pemes).
Poderán ser beneficiarias as empresas privadas con domicilio social e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que reúnan as seguintes condicións:
- non superar os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
- contar cun número igual ou superior a 5 e inferior a 250 persoas traballadoras.
- estar ao día nas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda por ningún concepto.
A actividade subvencionable consistirá na realización dun proxecto para a implantación de medidas de responsabilidade social empresarial que debe comprender:
1. Unha análise ou diagnóstico sobre a situación actual da empresa en materia de RSE.
2. A elaboración dun plan en que se recolla a implantación na empresa de novas medidas de RSE.
3. Un compromiso de implantación.
4. A comunicación e difusión das medidas que a empresa se compromete a implantar.
A contía das axudas previstas consistirá no 100% dos gastos debidamente xustificados para a realización do proxecto, co límite de 8.000 euros por beneficiaria.
O prazo para a presentación de solicitudes de axudas rematará o 1 de xullo de 2010.