Nº 17 - xuño 2010
PROGRAMA DE INCENTIVOS A EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL.
Na Orde de 26 de maio de 2010 da ConsellerÃa de Traballo e Benestar establécense as bases reguladoras do programa de incentivos e empresas de inserción laboral para o ano 2010.
Estas empresas teñen a finalidade de promover a inserción sociolaboral de persoas en risco de exclusión social e para acceder as axudas deberán estar inscritas no rexistro habilitado a tal efecto pola Dirección Xeral de Promoción do Emprego.
A tales efectos considéranse factores de exclusión a discapacidade, a condición de persoa en proceso de rehabilitación e socialización normalizada, a situación de cargas familiares non compartidas, a condición de inmigrante ou emigrante retornado, a condición de persoa sen fogar, a procedencia de institucións de protección ou reeducación de menores, a condición de muller vítima de violencia de xénero, a pertenza a minorías étnicas e calquera outro factor non enumerado que sexa considerado por servizos sociais. Tamén se inclúen neste grupo as persoas que perciban renda de integración, aquelas que non a perciban por motivos determinados, as persoas desempregadas de longa duración e os que perciban a renda activa de inserción.
Serán subvencionables as seguintes actuacións: a contratación de persoas en situación de risco, a contratación de xerentes ou técnicos de xestión e acompañamento, as accións de mediación no mercado laboral para a contratación de persoas en risco de exclusión, a formalización de préstamos e a creación e ampliación do cadro de persoal das empresa de inserción.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66 Fax: 986 47 14 44 email:
info@maiv.org web:
www.maiv.org