Nº 12 - xaneiro 2010

Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
Subvencións a empresas do Ministerio de Traballo e Inmigración

O pasado 21 de decembro o Ministerio de Traballo e Inmigración publicou a Orde de 16 de decembro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a actividades de promoción da economía social, da responsabilidade social das empresas e do traballo autónomo e para sufragar os gastos de funcionamento das asociacións de cooperativas, de sociedades laborais, de empresas de inserción, de persoas traballadoras autónomas e doutros entes representativos da economía social do estado.

O pasado 21 de decembro o Ministerio de Traballo e Inmigración publicou a Orde de 16 de decembro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a actividades de promoción da economía social, da responsabilidade social das empresas e do traballo autónomo e para sufragar os gastos de funcionamento das asociacións de cooperativas, de sociedades laborais, de empresas de inserción, de persoas traballadoras autónomas e doutros entes representativos da economía social do estado.

Serán beneficiarios das subvención os entes asociativos daquelas empresas, os entes representativos da economía social, asociacións e fundacións sen ánimo de lucro e universidades no apartado da promoción da economía social. No que respecta a gastos de funcionamento, serán beneficiarias as entidades asociativas destas empresas.
 
Gastos subvencionados:
 
·         Respecto a gastos de funcionamento aqueles que respondan a natureza da acción como subministro e servizos prestados por outras empresas entre os que se atopan: gastos de persoal excluídas as indemnizacións, gastos de viaxe, arrendamentos e canons, reparación e conservación, servizos profesionais independentes, primas de seguro, publicidade, propaganda e relacións públicas, material de oficina, fotocopias e imprenta, comunicación, subministro se cotas de subscrición a publicacións e de pertenza a asociacións.
 
·         Respecto a promoción da economía social e da responsabilidade social das empresas e do traballo autónomo poderán subvencionarse as seguintes cantidades: actividades de formación, organización de actos, elaboración de estudos e traballos, edición de publicacións e folletos e campañas publicitarias.
 
As contías das axudas irán en función da puntuación acadada polas solicitudes, indo desde un 15 ata un 100% do solicitado nos gastos de funcionamento das entidades e entes asociativos, e desde un 25 ata un 100% nos gastos de promoción da economía social e de fomento da responsabilidade empresarial.
 
Os criterios obxectivos de outorgamento das subvencións serán os seguintes:
 
1.      Para a promoción da economía social e da responsabilidade empresarial e dos autónomos:
·         Adecuación dos obxectivos do proxecto as políticas do Ministerio de Traballo e Igualdade na materia.
 
·         Consecución dos contidos en orde a acadar obxectivos.
 
·         Proxección da actividade no ámbito de actuación.
 
·         Relación entre importe solicitado e obxectivos perseguidos.
 
   2.      Para os gastos de funcionamento das entidades e entes asociativos:
·         Implantación territorial.
 
·         Servizos que se presten os asociados.
 
·         Vinculación da entidade co traballo autónomo en función da condición de autoemprego dos seus socios.
 
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes desde a publicación da orde, polo que remata o vindeiro 21 de xaneiro de 2010 e deberán presentarse en modelo oficial acompañados da seguinte documentación:
 
1.      Documentación común:
·         Documentación acreditativa da personalidade xurídica acompañada dos estatutos da entidade.
 
·         Tarxeta de identificación fiscal.
 
·         Escritura de poder suficiente para poder actuar en nome da entidade.
 
·         Declaración de axudas solicitadas ou recibidas para o mesmo fin.
 
·         Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
 
·         En caso de existir subcontratación con persoas ou entidades vinculadas o solicitante, solicitude de autorización para realizala e memoria de contido segundo o sinalado no art. 5.1.
2.      Documentación específica:
·         Acción de promoción da economía social e responsabilidade social de empresa e dos autónomos: memoria con obxectivos, actividades dos tres anos anteriores na materia, repercusión e indicadores de resultado para valorar, orzamento de gastos e ingresos.
 
·         Funcionamento de entidades asociativas: memoria de actividades con actividades do exercicio anterior, últimas contas anuais aprobadas e certificadas, orzamento de ingresos e gastos e memoria de actividades para o exercicio de solicitude da axuda. Certificado co número de asociados diferenciados por tipo, sector e situación xeográfica.
 Para mais información e consulta do texto íntegro da Orde consultar o seguinte enlace:
http://www.boe.es/boe/dias/2009/12/21/pdfs/BOE-A-2009-20611.pdf
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org