Nº 17 - xuño 2010

PDF > Boletín Nº 17 - xuño 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
O IGAPE PROMOVE AS NOVAS INICIATIVAS EMPRESARIAIS A TRAVÉS DE INNOEMPRESA, O PLAN RE-FORZA E XES-INNOVA XOVE.

Innoempresa, con 6 millóns de ¤, o Plan re-forza, que acelera nun 54% os pagamentos das axudas e Xes-Innova Xove, cun fondo de risco de 2 millóns, promoven as novas iniciativas empresariais

Os novos empresarios innovadores poderán dispor de préstamos participativos públicos como apoio para o financiamento dos seus proxectos a través do novo fondo Xes-Innova Xove, segundo adiantou o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, durante a súa intervención na sesión plenaria do Día do Emprendedor de Galicia o pasado 16 de xuño.
 
A nova liña de financiamento vaise impulsar mediante un convenio entre Xesgalicia, sociedade dependente da Consellería de Economía e Industria, e a Federación de Galega de Xóvenes Empresarios (Fegaxe), que se ocupará de localizar proxectos susceptibles de ser apoiados habilitando para iso un novo fondo de capital risco, o Xes-Innova Xove, dotado de 2 millóns de euros, que impulsen o financiamento de novos proxectos, “especialmente os promovidos por novos empresarios innovadores”.
 
Entre os obxectivos prioritarios do Plan re-Forza 2010 está o de promover a creación de novas empresas e a consolidación das existentes. Así, a través do novo programa re-Emprende xestionado polo Igape, se reforza a súa aposta para procurar que ningunha iniciativa viable quede sen poñer en marcha por falta de financiamento adecuado. Este programa regula as subvencións –entre o 15 e o 40%- a proxectos de creación de pequenas e medianas empresas, ou de realización de investimentos en novas pemes promovidos por novos emprendedores.
 
Mediante o programa re-Emprende, a Consellería de Economía e Industria pre financiará, a través do Igape e mediante a concesión de anticipos sen aval do 50% da anualidade da subvención concedida, os proxectos viables de novos emprendedores que impulsen investimentos de ata 1.500.000 euros. Coa concesión de anticipos e pagos a conta sen requirir garantías aos beneficiarios, o Goberno galego busca facer fronte ás dificultades que atopan habitualmente os novos emprendedores para acadar financiamento nas entidades de crédito.
 
Para impulsar as súas iniciativas empresariais, os novos emprendedores galegos poden atopar no Igape outros instrumentos de financiamento como os préstamos subsidiados e avalados –entre 25.000 e 120.000 euros- regulados no programa re-imaXina, ou as participacións vía capital risco a través de fondos como o Emprende, que xestiona Xesgalicia, a sociedade xestora dos fondos da Xunta de Galicia.
 
O Plan re-Forza supón a aplicación dun novo modelo de xestión interna no Instituto dependente da Consellería de Economía e Industria, coa incorporación de novas medidas orientadas á axilización da xestión e dos procesos necesarios para o estudo, avaliación, resolución das axudas e correspondente pagamento ás empresas galegas.
 
Este novo modelo ten como eixos fundamentais fomentar e impulsar a competitividade e a internacionalización do  tecido empresarial galego. A aposta decidida da Xunta de Galicia pola internacionalización da peme galega ten un claro reflexo nos presupostos do Igape para o ano 2010 (o orzamento sube un 56%).
 
Durante os 5 primeiros meses do ano o novo modelo de xestión do Igape fixo que as solicitudes de axuda resoltas se incrementaran nun 63% con respecto ao mesmo período do ano 2009, pasando de 2.711 solicitudes resoltas ata ás 4.431. E que o tempo medio de resposta para unha solicitude pasou de 130 días no 2009 a que neste ano 2010 non superara os 108 días.
 
O Plan re-Forza do Igape para 2010 considera igualmente prioritario incrementar o pulso orzamentario no que se refire á competitividade empresarial a través  da mellora do capital organizativo das pemes. Así, a capacidade orzamentaria para axudas do IGAPE incrementouse neste ano en 39,9 millóns de euros, pasando dos 306 millóns do 2009 aos 345,9 millóns no 2010.
 
O Programa Innoempresa, xestionado igualmente polo Igape, inclúe medidas dirixidas a incrementar a capacidade innovadora das pequenas e medianas empresas como medio para aumentar a súa competitividade.
 
En virtude das bases da convocatoria publicadas no Diario Oficial de Galicia, o Igape poderá realizar pagamentos adiantados do 50% das axudas concedidas ao abeiro desta liña sen requirir garantías aos beneficiarios. O prazo de presentación das solicitudes, que se resolverán polo sistema de concorrencia competitiva, e de corenta días naturais a contar desde o 29 de maio de 2010.
 
Para promover a mellora da competitividade e a reorientación, se fose conveniente, dos negocios, o Igape dispuxo dunha liña dotada con 8,3 millóns de euros para impulsar, entre outras accións, os investimentos tecnolóxicos ou os investimentos en equipamentos para empresas do sector servizos. Ademais, neste mesmo ámbito estratéxico, o Igape destina este ano 3,1 millóns de euros para apoiar melloras de competitividade a través da cooperación, ao abeiro de proxectos colectivos. Deste xeito, contando o programa innoempresa, as achegas orzamentarias da Consellería de Economía e Industria para apoiar melloras de competitividade das empresas galegas suman este ano 17,4 millóns de euros.
 
 Fonte: www.igape.es
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org