Nº 18 - xullo 2010

PDF > Boletín Nº 18 - xullo 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
NOVAS SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS AO FOMENTO DA IMPLANTACIÓN DE PLANS DE IGUALDADE NAS PEMES.

A Xunta de Galicia publicou o pasado 30 de xuño as bases reguladoras para a solicitude das liñas en materia de igualdade que a continuación vos presentamos.

 A inserción laboral é un paso esencial para acadar o principio efectivo de igualdade de trato e de oportunidade entre homes e mulleres, aspecto sobre o cal a Consellería de Traballo e Benestar apoia unha vez mais coa presente iniciativa.
As presentes subvencións contemplan tres tipos de liñas de actuación as cales describimos esquematicamente a continuación:
 
LIÑA I: Axudas para a implantación de plans de igualdade

Dentro desta liña englóbanse actividades destinadas a pequenas e medianas empresas como as seguintes:
 
- Realización de estudos, análises ou diagnoses da realidade da empresas desde a perspectiva de xénero para a elaboración dun plan de igualdade.
Porcentaxe subvencionable: 100%
Contía máxima: 5.000 – 6.000 euros
 
- Asistencia a cursos de formación en materia de igualdade.
Porcentaxe subvencionable: 100%
Contía máxima: 600 – 1.200 euros
 
- Contratación de persoal con experiencia na materia coa finalidade de asegurar a implantación e aplicación do plan de igualdade.
Contía máxima: 300 – 900 euros dependendo das características da empresa beneficiaria.
 
-Gastos derivados da contratación de empresa ou entidade externa especializada en materia de igualdade para o asesoramento na implantación e aplicación do plan de igualdade.
Porcentaxe subvencionable: 10% - 50%.
Contía máxima: 3.000 – 5.400 euros.
 
LIÑA II: Axudas para actuacións tendentes á eliminación da infrarepresentación feminina nos eidos laborais ocupados predominantemente por homes.

- Beneficiarios: Pemes galegas que conteñan un máximo do 20% de mulleres no seu cadro de persoal e sempre que teñan como características a de pertencer a un sector de actividade en que sexa habitual a infrarepresentación laboral feminina e que exista un compromiso cara a incrementar a porcentaxe de representación feminina.
- Porcentaxe subvencionable: 100%
- Contía máxima: 22.000 euros
 
LIÑA III: Axudas para os investimentos realizados polas empresas co fin de habilitar servizos de comedor, gardaría, salas de lactación ,etc, e instalacións análogas para garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.

- Beneficiarios Pemes galegas que poñan en marcha medidas de conciliación.
- Porcentaxe subvencionable: 100%
- Contía máxima: 20.000 – 40.000euros
 
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes contado desde o 30 de xuño. Para coñecer mellor as vosas posibilidades, recomendámosvos analizar detidamente esta subvención, da que os achegamos o seguinte link:
http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf../$FILE/12300D010P040.PDF
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org