Nº 18 - xullo 2010

PDF > Boletín Nº 18 - xullo 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
PROGRAMA DE AXUDAS RE-SOLVE+, PARA FORTALECER A ESTRUTURA FINANCEIRA DAS PEMES GALEGAS.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou o pasado 29 de xuño en Santiago o novo programa de garantías re-Solve+, que ten como obxectivo fundamental mobilizar 200 millóns de euros para financiar operacións de circulante, de refinanciamento de pasivos ou de ampliacións de capital destinadas a fortalecer a estrutura financeira das pemes galegas.

 O conselleiro de Economía e Industria destacou que este programa substitúe e mellora sensiblemente ao re-Solve ao cubrir operacións de ata 500.000 euros, fronte ao límite anterior de 40.000 euros. A Xunta da un paso adiante nos compromisos asumidos a través do Plan re-Forza 2010 do Igape para facer fronte ás restricións de crédito. Guerra salientou que o novo programa inclúe como beneficiarios das operacións de financiamento, avaladas nun 100%, ás pemes. A nova liña entrará en vigor unha vez se asine o correspondente convenio coas SGR e cando se publiquen as bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia.
 
A liña de actuación articularase mediante un convenio a subscribir en datas próximas coas sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades financeiras colaboradoras, e entrará en vigor no momento da publicación das correspondentes bases reguladoras no Diario Oficial de Galicia.
 
O programa re-Solve+ recolle o impulso da Mesa polo Diálogo Social e está destinado a substituír e mellorar tanto cuantitativa como cualitativamente o re-Solve, e a complementar mellor ao re-Brote no marco do plan de garantías impulsado pola Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). O novo programa supera ao re-Solve, ampliando o abano dos potenciais beneficiarios, ás contías máximas dos préstamos amparados e as coberturas das garantías achegadas polas SGR con reaval do Igape.
 
Re-Solve+ incorpora tres liñas diferenciadas, ao sumar a de circulante habilitada no marco do re-Solve as novas liñas para apoiar o financiamento de  “operacións de refinanciamento de pasivos ou de ampliacións de capital destinadas a fortalecer a estrutura financeira das pemes, para garantir así a súa competitividade futura”, explicou.
 
O novo programa amplía ao 100% a cobertura das garantías achegadas polas SGR, sempre cun reaval do Igape polo 25% do risco asumido por estas entidades colaboradoras. No marco do re-Solve, as garantías achegadas cubrían o 90% do risco. Do mesmo xeito, o conselleiro destacou o incremento das contías máximas das operacións apoiadas polo re-Solve+, que poden ir de 3.000 ata 500.000 euros (entre 3.000 e 40.000 euros no marco do re-Solve). Outra das melloras incorporadas no re-Solve+ é a referida aos destinatarios; os beneficiarios agora poden ser os autónomos pero tamén as pemes en xeral, mentres que no re-Solve eran só microempresas e autónomos.
 
No marco da liña articulada mediante un novo convenio a asinar coas entidades financeiras e as SGR, a liña de apoio para operacións de circulante permitirá mobilizar préstamos comprendidos entre 3.000 e 150.000 euros, con prazo de amortización de tres anos. A liña para refinanciamento de pasivos acollerá operacións comprendidas entre os 6.000 e os 300.000 euros, con prazo de vixencia  de 5 anos; neste caso, a cobertura do aval da SGR será do 50% e contará co reaval do Igape polo 25% do riso que asume. Polo que se refire á liña para ampliacións de capital, estará destinada a apoiar  operacións de financiamento comprendidas entre 3.000 e 250.000 euros por socio e 500.000€ por empresa que amplía capital, e cun prazo mínimo de amortización de 7 anos.
 
Ademais de achegar garantías mediante os reavais en garantía do 25% do risco asumido polas SGR, na liña de circulante o Igape subvencionará as comisións dos avais formalizados para que non repercutan sobre os beneficiarios das operacións. No programa para apoiar ampliacións de capital, o Instituto que preside Javier Guerra tamén subvencionará as comisións do aval e, ademais, achegará unha subsidiación de xuro de, aproximadamente, 1,5 puntos porcentuais.
 
O re-Solve+ da un paso adiante nos compromisos asumidos a través do Plan re-Forza 2010 do Igape para facer fronte ás restricións de crédito e facer posible que as pemes poidan acceder ao financiamento que precisan para o seu financiamento operativo e para  consolidar as súas estruturas financeiras e mellorar os seus niveis de competitividade.
 
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org