Nº 18 - xullo 2010

PDF > Boletín Nº 18 - xullo 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
UNHA APOSTA CLARA POLO I+D+I

A Consellería de Economía e Industria publicou o pasado 12 de Xullo as bases reguladoras para a solicitude das subvencións para investimentos innovadores no ámbito de Galicia.

No artigo 1 da Lei 12/1993, do 6 de Agosto, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, establecese como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. Seguindo esta premisa, e retomando a mesma lei no capitulo II, a creación do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica é a ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo. Este Plan que foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o pasado 21 de Setembro de 2006.

Baixo o amparo do PGIDIT, establecéronse tres tipos de programas: programas horizontais, xerais e sectoriais dentro dos cales inclúense diferentes tipos de actuacións. No presente mes publicáronse diferentes posibilidades de subvención sempre baixo o mesmo amparo. Analizaremos soamente aquela que ten como beneficiario á empresa privada xa que posúen especial relevancia na actualización tecnolóxica e potencialización do tecido empresarial galego.

Programas sectoriais.
Programa de innovación empresarial:

- IN848A Investimentos Innovadores
Teñen por obxecto incentivar o desenvolvemento de actuacións que incidan na capacidade competitiva das empresas, e que incrementen a súa capacidade tecnolóxica e innovadora mediante a dotación de recursos materiais específicos para desenvolver os seus proxectos de innovación, así como a dotación específica de unidades de I+D. A presente subvención ira dirixida a:
  1. Creación dun novo centro produtivo ou a aplicación do establecemento da empresa solicitante, coa finalidade de permitir o desenvolvemento de novos produtos e procesos.
  2. Diversificación da produción dun establecemento para atender mercados de produtos novos e adicionais.
  3. Unha transformación fundamental de carácter innovador no proceso global de produción dun establecemento existente.
A creación e ampliación da capacidade tecnolóxica establecese dentro das empresas mediante estruturas de investigación e innovación de dimensión apropiada para a xeración de desenvolvemento tecnolóxico.
 
O custo subvencionable mínimo do proxecto será de 300.000 euros para as axudas que teñen por obxecto a realización de investimentos innovadores. Do custo subvencionable, a subvención poderá oscilar entre o 30% e o 60% e a contía da subvención non excederá o importe do 1.500.000 €.
 
Son consideradas como beneficiarias as empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. O prazo de presentación finaliza o 13 de Agosto do 2010.
Para coñecer mellor as vosas posibilidades, recomendámosvos analizar detidamente esta subvención, da que os achegamos o seguinte link:
http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/../$FILE/13100D008P035.PDF
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org