Nº 18 - xullo 2010

PDF > Boletín Nº 18 - xullo 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
SUBVENCIÓNS PARA ACTUACIÓNS DE DIFUSIÓN RELACIONADAS CO DESENVOLVEMENTO DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN.

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, está a impulsar unha serie de medidas dinamizadoras da sociedade da información mediante a convocatoria de subvencións para impulsar a realización de actuacións de difusión e sensibilización, relacionadas especificamente co desenvolvemento e implantación nas tecnoloxías da información e as comunicacións.

 As actuacións subvencionables estrutúranse nas seguintes liñas de actuación:
 
Liña A): eventos de promoción e difusión da sociedade da información.
Proxectos encamiñados á organización e realización de eventos neste ámbito, tales como xornadas, sesións de demostración práctica do uso da internet, conferencias ou congresos de profesionais especializados, que teñan por obxecto a promoción e difusión de materias relacionadas coas infraestruturas e servizos de telecomunicacións e as tecnoloxías da información e a sociedade da información en xeral.
 
Liña B): actuacións de difusión dirixidas á cidadanía en xeral.
Actuacións orientadas a satisfacer as necesidades de difusión no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións (en diante TIC) da cidadanía en xeral.
 
Liña C): actuacións de difusión dirixidas ás pemes.
Actuacións orientadas a proporcionar a empresarios e traballadores coñecemento sobre o uso e manexo das novas tecnoloxías, que os capaciten para un mellor desempeño do seu posto de traballo actual ou futuro, de xeito que mellore a empregabilidade do traballador e a profesionalidade do empresario.
 
Liña D): investimentos necesarios para a promoción da sociedade da información nas entidades de interese social.
Equipamento necesario para a promoción da sociedade da información nas entidades de interese social, sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, dependente da Consellería de Traballo e Benestar.
 
Os beneficiarios son as entidades de dereito público e privado, sen ánimo de lucro, legalmente constituídas.
 
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao 30 de xuño de 2010, que é a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
 
Máis información:http://www.xunta.es/dog/
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org