Nº 18 - xullo 2010

PDF > Boletín Nº 18 - xullo 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
AXUDAS A EMPRESAS DE ECONOMÃA SOCIAL E PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO.

A Orde do 14 de xuño de 2010 publicada o pasado 24 de xuño ven a regular as bases dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo para o ano 2010.

 O obxecto desta axuda e promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social e apoiar a este tipo de empresas, mediante unha mellora da súa competitividade, así como promover o cooperativismo a través das seguintes liñas:
 
1.- Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais. Dirixido a cooperativas e sociedades laborais que incorporen como socios/as traballadores/as a persoas desempregadas estando inscritas como demandantes de emprego e pertencentes algún dos colectivos sinalados no punto 2 da base primeira do Anexo I.
 
2.- Mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais. Dirixido a cooperativas con socios e socias traballadores/as ou de traballo e as sociedades laborais.
 
3.- Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica. Dirixido a cooperativas de nova creación ou as que acometan novos proxectos empresariais, así como ás persoas e entidades que presten os servizos de asesoramento e acompañamento de proxectos.
 
4.- Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a. Dirixido a persoas demandantes de emprego, inscritas no Servizo Público de Emprego, que accedan á condición de socio/a dunha cooperativa de traballo asociado e as persoas asalariadas das sociedades cooperativas que accedan á condición de socio/a traballador.
 
5.- Actividades de promoción do cooperativismo. Poderán beneficiarse deste programa sociedades cooperativas que fomenten o cooperativismo dende o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2010.
 
O prazo xeral rematará o día 24 de xullo de 2010.
Máis información na Orde do 14 de xuño de 2010 publicado no DOG nº119 do 24 de xuño de 2010 ou no enlace do Servizo de Asesoramento a Emprendedores.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org