Nº 19 - agosto 2010

PDF > Boletín Nº 19 - agosto 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
O NOVO FONDO DE CAPITAL RISCO “XES INNOVA”, PARA O SECTOR TIC.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, puxo a disposición do sector das TIC o novo fondo de capital risco Xes Innova, dotado con 2 millóns de euros, e que xa ten sido habilitado desde XesGalicia para apoiar especificamente proxectos innovadores.

O Xes Innova, deseñado especificamente para apostar por proxectos especialmente innovadores impulsados por novos emprendedores, é unha iniciativa vinculada, nunha altísima porcentaxe, ao sector TIC. Ademais, o Fondo Emprende, cun aporte total de capital social de 54 millóns de euros, tamén pode resultar unha alternativa interesante a proxectos consolidados.
 
XesGalicia, a sociedade xestora de entidades de capital risco galega, que será a encargada de xestionar este fondo, apoiará de forma individual ou mediante investimentos compartidos, aos que participen en proxectos tecnolóxicos de inversión en Galicia ou a empresas galegas que aposten por internacionalizarse.
 
A consellería de Economía e Industria está a apoiar o desenvolvemento das novas tecnoloxías da información e da comunicación dende ás empresas centros tecnolóxicos, equipos de investigación e plataformas tecnolóxicas centradas no desenvolvemento das TIC galegas. De feito, a Consellería de Economía e Industria, dende a Dirección Xeral de I+D+i, investiu no 2009 máis de 9 millóns no desenvolvemento destas tecnoloxías, o que supón preto de un millón de euros máis que no exercicio anterior.
 
Ademais, o Instituto Galego de Promoción Económica tamén se ten posto ao servizo dos proxectos solventes que empuxan o desenvolvemento desta industria, facilitando axudas que teñen permitido mobilizar préstamos por valor de máis de 1,5 millóns e investimentos por 3,4 millóns.
 
Segundo Guerra, “as novas tecnoloxías da Información e Comunicación son aliadas imprescindibles do desenvolvemento económico e social. Por iso, debemos entender que toda xestión responsable, xa sexa no ámbito público ou o privado, ten que afrontar o reto da modernización tecnolóxica como o que é: unha oportunidade para afianzar a solvencia das nosas empresas, comercios, industrias ou administracións”.
 
Fonte: Xunta de Galicia
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org