Nº 19 - agosto 2010

PDF > Boletín Nº 19 - agosto 2010
Subscricións RSS do Arco da Nova
Revista Landra
Landra
Revista semestral
Nº 17 - novembro 2010
AS CARREIRAS UNIVERSITARIAS CON MÃIS SAÃDAS LABORAIS.

Un dos mellores criterios á hora de escoller unha carreira universitaria é valorar as saídas laborais das distintas titulacións.

Os informes máis recentes son claros, e conclúen que a Administración e Dirección de Empresas, Enxeñería Industrial, Enxeñería Técnica Industrial, Economía e Medicina son as titulacións con maior número de ofertas de emprego durante o 2009. Sendo Ciencias Empresariais, Dereito, Enxeñería Informática, Enxeñería de Camiños e Química completan a relación das dez titulacións con máis demandas.
 
Con todo, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Empresariais, Dereito e Química teñen exceso de titulados a pesar de rexistrar unha elevada oferta de traballo. En cambio, das enxeñerías industriais, Informática, Enxeñería de Camiños, Medicina e Económicas non saen suficientes titulados para cubrir a demanda suficiente.
 
Confírmase a tendencia á redución das ofertas para titulacións universitarias relacionadas co sector da construción. Arquitectura desaparece de entre as vinte carreiras máis demandadas e Arquitectura Técnica mantense, por moi pouco.
 
De todos os xeitos se ratifica que posuír unha titulación universitaria é clave para acceder a un emprego cualificado.
 
(Fuente. BIX / Xuventude.net) 
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66  Fax: 986 47 14 44  email: info@maiv.org  web: www.maiv.org