Nº 19 - agosto 2010
PROGRESS, UNHA ALTERNATIVA MÃIS PARA O MERCADO LABORAL.
Aberto o prazo para a subvención de proxectos innovadores relacionados coa mobilidade laboral na UE.
Europa abre unha nova posibilidade para a mellora das estratexias políticas en materia de emprego debido a situación económica na que nos atopamos. Coa presente finalidade estipúlanse dous ámbitos de actuación:
- A mobilidade dos traballadores: Innovadores instrumentos, prácticas e asociacións.
Os obxectivos que se persegue a través do seguinte ámbito son os seguintes:
- Desenvolver e probar instrumentos innovadores , prácticas e alianzas
- Transferir os instrumentos, as prácticas e as alianzas de carácter innovador que tiveran éxito.
- Crear redes, análises e metodoloxías de avaliación comparativa dos resultados entre os actores involucrados na UE, os programas nacionais, rexionais e locais en materia de traballo e mobilidade laboral.
Terase presente neste ámbito a mocidade como colectivo prioritario, dándolle especial protagonismo, a aqueles cuxa incorporación ao mercado laboral posúe especial dificultade.
- O Benchmarking no Servizo Públicos de Emprego
Neste ámbito destacan como obxectivos prioritarios os seguintes:
- Definir os temas mais adecuados para as actividades desenvoltas polos Servizo Publico de Emprego (SPE): as actividades seleccionadas deben ter un alcance similar, ademais de estar relacionadas coa aplicación das prioridades da Estratexia Europea de Emprego
- Definir indicadores cuantitativos adecuados e/ou indicadores cualitativos que permitan unha comparación significativa entre as actividades específicas de participación do SPE.
- Recompilar datos e, posiblemente, crear unha base de datos onde se almacenen as series cronolóxicas.
- Analizar os resultados co fin de identificar as mellores prácticas ou determinantes no bo desempeño.
- Difundir os resultados entre os participantes do SPE e a súa presentación aos xefes das reunións do SPE e nos consellos de administración dos SPE participantes.
Os solicitantes dos dous ámbitos poderán ser as persoas xurídicas legalmente constituídas e rexistrado nun dos Estados membros da Unión Europea ou nos países participantes no programa PROGRESS, ademais das organizacións sen ánimo de lucro cuxos fines estean relacionados co emprego e o desenvolvemento deste, e que estean asociadas a unha autoridade pública nacional, rexional ou local ou a unha axencia estatal/ semiestatal dun dos Estados membros da UE e dos países participantes no programa PROGRESS.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17. 36203 Vigo. España
Tlf: 986 42 33 66 Fax: 986 47 14 44 email:
info@maiv.org web:
www.maiv.org