Categoría: | Transporte |
Ámbito: | Local |
Localización: | Cataluña |
Entidade promotora: | Generalitat de Cataluña |
Data inicial: | 01/01/1997 |
Data final: | - |
Sector: | Público en xeral |
Obxectivos: | - Mellorar a mobilidade das persoas residentes na área metropolitana. - Planificar toda a infraestrutura de transporte público e servizos. - Velar por unha rede integrada de transporte. |
Resumo: | A Autoritat del Transport Metropolità (ATM) é un consorcio interadministrativo de carácter voluntario, creado en 1997, ao que poden adherirse todas as administracións titulares de servizos públicos de transporte colectivo da rexión metropolitana de Barcelona. As administracións consorciadas son a Generalitat de Catalunya (51%) e administracións locais (49%), compostas polo concello de Barcelona, a Entitat Metropolitana do Transport (EMT) e a Agrupación de Municipios titulares de servizos de Transporte Urbano da rexión metropolitana de Barcelona (AMTU). Cabe destacar a presenza de representantes da Administración Xeneral do Estado nos órganos de goberno da ATM, en calidade de observadores. A ATM ten por finalidade articular a cooperación entre as administracións públicas titulares dos servizos e das infraestructuras do transporte público colectivo da área de Barcelona que forman parte dela, asà como a colaboración con aquelas outras que, como a Administración do Estado, están comprometidas financeiramente ou son titulares de servizos propios. |
Financiamento: | A entidade conta con subvencións estatais, autonómicas e municipais, pero tamén conta cunha amplia autonomái financeira que proven da explotación dos seus recursos. |
Resultados: | Durante o tempo que leva funcionando incrementouse a venta de billetes nun 27,66%, pasando de 691,6 millóns en 1997 a 882,9 millóns no 2003. |