Unidade de Promoción e Desenvolvemento da Mancomunidade de Vigo
Publicacións da UPD
Revista Landra
Landra Nº 17

Novembro 2010
Arco da Nova
Arco da Nova

Boletín mensual
Inicio-Proxectos EO-OE-Escolas e Obradoiros
Galego Español
Escolas e Obradoiros
Imprimir Enviar a un amigo/a
Que son as Escolas Obradoiro e Obradoiros de Emprego?

As EO/OE son programas mixtos de emprego-formación que teñen unha clara finalidade: favorecer a inserción laboral das persoas que teñen dificultades para acceder a un posto de traballo a través da realización dunha obra ou servizo de utilidade pública ou interese social.

Como mecanismos de inserción dentro das políticas activas de emprego pretenden dar resposta ás demandas do mercado de traballo, activar o desenvolvemento territorial, xerar riqueza e consecuentemente postos de traballo.

En definitiva, ofrecen:

Ao ALUMNADO TRABALLADOR
- formación profesional nunha especialidade
- práctica e a experiencia profesional nas ocupacións nas que se formen
- formación xeral para acadar os niveis de educación obrigatoria
- información sobre técnicas de busca de emprego e orientación laboral
- formación en: riscos laborais, sensibilización medio ambiental, sensibilización en igualdade, informática e autoemprego.
 
Ao PERSOAL DE DIRECCIÓN, DE APOIO, e DOCENTES
- traballo atractivo vencellado coa formación de persoas desempregadas
- recuperación de contornos
- experiencia laboral
- acceso ao primeiro emprego para moitos titulados/as
- reinserción laboral a persoas que desexan dedicarse a áreas de formación profesional
- perfeccionamento técnico
- formación en metodoloxías didácticas.
 
Ao CONTORNO no que se desenvolven
-    a recuperación e posta en valor de espazos rehabilitados
-    a dinamización social da súa área de influencia, potenciando recursos xeradores de emprego.


 
DIFERENZAS
CARACTERÍSTICAS
ESCOLAS OBRADOIRO
OBRADOIROS DE EMPREGO
A quen se dirixen?
Persoas desempregadas menores
de 25 anos
Persoas desempregadas maiores de 25 anos
Canto duran?
Máximo 2 anos
Máximo 1 ano
Como se estruturan?
Etapas de 6 meses:
1ª etapa: Formación
Etapas seguintes: Emprego + Formación
Etapas de 6 meses:
Todas as etapas: Emprego + Formación
Cando contratan ao alumnado traballador?
Durante a 2ª fase
Dende o inicio
Cal é o salario do alumnado traballador?
O 75% do SMI
O 150% do SMI



Mancomunidade da Ãrea Intermunicipal de Vigo. Hispanidade nº 17 36203 Vigo. España | Tel. (+34) 986 42 33 66 | Fax: (+34) 986 47 14 44. | E-mail: info@maiv.org | Web: www.maiv.org